domingo, 27 de xuño de 2010

Resolución concurso de fotografía para as ANPA

Reunido o venres 18 de xuño ás 20:00 h na sede da Federación de ANPA de Pontevedra o xurado convocado para outorgar os premios do “Concurso de fotografía para as ANPA” resolve, por unanimidade conceder os premios tanto na categoría «en positivo» coma na categoría «en negativo» como se expresan a seguir:

Categoría en positivo:
  • 1º Premio: ANPA JOAQUÍN COSTA DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES
  • 2º Premio: ANPA CELSO EMILIO FERREIRO DO CEIP DA XUNQUEIRA 1
  • 3º Premio: ANPA AGROMAR DO CEIP DE AGOLADA
Categoría en negativo:
  • ANPA TEA DO CEIP FERMÍN BOUZA BREY DE PONTEAREAS
  • 2º Premio: ANPA NOSA SEÑORA DA DORES DO CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES DE FORCAREY
  • 3º Premio: ANPA OS VALADOS DO CEIP VILAVERDE
Conforme as bases, os premios entregaranse ao mesmo tempo que teña lugar a vindeira Asemblea Xeral da FANPA PONTEVEDRA; nesa ocasión, para recoller o premio terá que estar algún representante da citada ANPA.
----
Nos vindeiros días aparecerán publicados os traballos gañadores dos primeiros premios de ámbalas dúas categorías. Tanto o xurado como a Federación queren dar unha merecida en hora boa aos premiados, e tamén ofrecer testemuño do noso recoñecemento a todos os participantes polo seu traballo, que de verdade agradecemos. Non nos esquecemos de remitirvos o agasallo, un pendrive, a todas as ANPA participantes.

Ningún comentario: