Amosando publicacións coa etiqueta Afiliación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Afiliación. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de novembro de 2015

DESCONTOS PARA FAMILIAS ASOCIADAS!

Aprezada socia ou socio:
Este carné que achegamos é para uso da túa familia por estar asociada á ANPA Tea. Con el, terás descontos en varios establecementos da nosa vila. Só tes que presentalo xunto co DNI nas tendas e centros que che enumeramos máis abaixo e terás beneficios inmediatos nas túas compras e gastos.

Lembra que o carné é válido unicamente para este curso 2015-2016.

Establecementos adheridos e descontos:

  • Índice Barbershop (Castelao 64 - 886.216.221) 20% para alumnado.
  • El Baúl de la Costura (Esperanza 26 baixo 2 - 620.089.838) 10% en telas e las
  • Cafetería Los Pitufos (Castelao 18 - 886.216.255) 5% en cumpreanos (asociándose no parque e mín. 15 nenos/as).
  • Polisport (Praza Maior 4 - 986.660.469) 15%.
  • Pleno Modas (Avenida de Galicia 11 e 13 - 986.650.995) 10%.
  • Hipercalzado (Ciclista Emilio Rodríguez 3 - 986.660.582) 10%.
  • Charcos (Amado Garra 5) 10%.
  • Atmósfera Sport (Virxe dos Remedios 8) 15% deportes.
  • Ángela Silva Fotografía (Amado Garra 8 - 986.642.780) 5% en traballos profesionais excepto álbum dixital.
  • Óptica Mahen (Senén Canido 4) 15% lentes e monturas oftálmicas, revisións e exploracións optométricas de balde para toda a familia.
  • Radio Hertz (Morales Hidalgo 7) 5% reparación de electrodomésticos e venda de pequeno electrodoméstico, 10% material eléctrico de instalación.
  • Casa Pepe (Morales Hidalgo 16) 5% libros de lectura e material escolar.
  • Gabinete Logros (Mimosas baixo 3 portal 4) 5% psicoloxía e terapia ocupacional, 10% fisioterapia.
  • Centro Actividades Silvia Taboada (Camelias 12, baixo) 10% para alumnado.
  • Clínica Dental Dr. García Álvarez (Ramiro Sabell 4, baixo) 15% en tratamentos específicos e odontoloxía básica (excepto implantes, ortodoncias...) para toda a familia.
  • Estrada Estilismo Home (Estrada 13) 1€ en cortes de pelo.
  • Óptica Alemana / Opticalia (Praza Bugallal 6 / Vidales Tomé 1) En lente graduada, incluídas as de promoción, terán un desconto en montura do 10%, e en lentes do noso provedor habitual un 35%. Os nenos e nenas de 0 a 8 anos terán as lentes gratis ao comprar a súa lente graduada (en gradacións +/- 2 cil, +/- 4 esf). Máis información en tendas.
  • Areacomputers (Salvaterra 27, baixo) 20% en cursos para adultos e 1 hora de balde (a maiores)en cursos infantís.
  • Ovella Negra (Castelao 13) 10% para toda a familia.

ESTES DESCONTOS NON SON ACUMULABLES COAS OFERTAS PROPIAS DOS ESTABLECEMENTOS.

A ANPA TEA NON SERÁ RESPONSABLE DOS CAMBIOS QUE SE POIDAN PRODUCIR NESTES DESCONTOS. MÁIS INFORMACIÓN NO ESTABLECEMENTO. 

MÁIS DESCONTOS PROXIMAMENTE. SEGUIREMOS INFORMANDO!

mércores, 7 de outubro de 2015

Novo curso 2015/2016


Estimadas familias:

Onte recibistes as circulares para poder asociarvos, para recibir cobertura do seguro escolar e para participar das actividades extraescolares.

Pedímosvos brevidade á hora de cumprimentalas no caso de que esteades interesadas, xa que este curso, como sabedes, imos con certo atraso. Do mesmo xeito, animámosvos a despexar calquera dúbida que teñades nestes aspectos.

As familias que se asocien recibirán en breve o seu carné e a listaxe de establecementos onde terán descontos.

Tamén vos informamos de que a nova dirección de correo-e é: anpatea@gmail.com e a nova dirección do noso blogue: anpatea.blogspot.com

Pasaremos a atender no noso local os xoves pola mañá no canto dos martes.
 
Podedes seguirnos tamén en facebook.

martes, 14 de outubro de 2014

Carné de Familia Asociada

Este carné é de mostra, o teu vai a cor.
O carné que recibiches hoxe é para uso e disfrute da túa familia por estar asociada á ANPA Tea.
Con el, terás descontos en varios establecementos da nosa vila. Só tes que presentalo xunto co DNI nas tendas e centros que che enumeramos máis abaixo
e terás beneficios inmediatos nas túas compras e gastos.

Lembra que o carné é válido unicamente para este curso 2014-2015.

Establecementos adheridos e descontos:

  • Tattoo Barbershop (20% en nenos e nenas - 10% en adultos/as)
  • Atmósfera Sport (15%)
  • Polisport (15%)
  • Clínica Dental Dr. C.García Álvarez (25%)
  • Óptica Alemana (10% monturas - 35% lentes - lentes de balde de 0 a 8 anos)
  • Centro de Actividades Silvia Taboada (10%)
  • Librería Casa Pepe (5%)
  • A Escola de Arte (desconto 5€/mes de 3 a 6 anos - desconto de 2€/mes de 7 a 12 anos)
  • Estrada Estilismo (1€ desc. ata 6 anos - 1,50€ desc. ata 12 anos)
  • Tendas Dais (10% en xoguetes de importación)

A ANPA TEA NON SERÁ RESPONSABLE DOS CAMBIOS QUE SE POIDAN PRODUCIR NESTES DESCONTOS. MÁIS INFORMACIÓN NO ESTABLECEMENTO.

martes, 9 de setembro de 2014

COMUNICADO Á DIRECTIVA DA FANPO E A TODOS OS MEMBROS DAS ANPAs QUE A CONFORMAN

A directiva da ANPA Tea informa, mediante o presente comunicado, a súa baixa na Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Centros de Ensino Público das comarcas Condado-Paradanta e Louriña. Esta decisión comunícase de acordo aos seguintes puntos: 
  • e)/art.3º/cap.1 dos estatutos de dita federación que di: “A admisión ou separación de cada ANPA é libre e voluntaria”.
  • a)/art.12º/cap.II que di que a condición de asociado pérdese: “Por vontade da ANPA asociada, por medio de acordo adoptado de conformidade os seus estatutos e comunicado formalmente”.
Os motivos da nosa baixa son varios, pero quizais o máis importante é o que xa notificamos na Asemblea Extraordinaria da FANPO do 25/03/2014 e que consideramos innegociable: a petición de rectificación ao partido político BNG por atribuírse publicamente no seu voceiro a iniciativa presentada pola federación no Consello Escolar Municipal e levada a pleno por este último o 19/11/2013 na que se insta ao Goberno Municipal a atender nos comedores escolares a todo o alumnado en risco de exclusión social.

Todo isto sumado á descarada defensa de intereses nacionalistas en prexuízo dos que non o son. Lembremos que esta federación pertence a dúas Plataformas en defensa do Ensino Público pero que soamente se tratan iniciativas da plataforma nacionalista e non se teñen en conta as da Marea Verde, como por exemplo a da resolución aos Consellos Escolares para o mantemento dos libros de texto, presentada por nós e ignorada polo resto da directiva da federación para logo asumir a mesma iniciativa pero, desta vez, en clave nacionalista; ou a proposta de Banco de Libros da Marea Verde, tamén ignorada pola directiva desta federación. Así mesmo promóvense as reivindicacións e mobilizacións dos sindicatos nacionalistas e anímase ás ANPAs a acudir só a estes eventos.

Polo tanto, nesta ANPA estamos de acordo que a federación incumpre os seguintes puntos dos seus estatutos:
  • f)/art.3º/cap.1: “Ningún asociado nin directivo pode utilizar a federación en defensa de intereses particulares e persoais ou con fins partidistas”.
  • g)/art.3º/cap.1: “É independente de calquera partido político”.
Tamén temos que facer constar que non nos sentimos representadas polo presidente desta federación, xa que reiteradamente e en público asume argumentos contrarios aos acordos acadados polas asembleas. Consideramos isto un erro indiscutible, xa que participa con estes argumentos falaces no Consello Escolar Municipal, nas xuntanzas de Anpas Galegas ou en entrevistas co alcalde e concelleiros, todos eles organismos de gran importancia para que se escoiten os verdadeiros acordos que toma esta federación.

Así mesmo queremos denunciar a censura á que é sometida esta ANPA dende a data da asemblea citada anteriormente na que exposmos as nosas queixas. A nosa ANPA era a encargada do grupo de correo. Sen acordo asembleario e sen avisar, se nos quitou esta responsabilidade, o sabemos porque comprobamos que de administradoras pasamos a non poder entrar na páxina web do citado grupo. Os correos que enviamos ao grupo se publican con días de atraso ou non se publican. Pedimos explicacións en varias ocasións e por diversas canles e unhas veces ignoróusenos e outras aseguráronnos que se descoñecía o problema pero que se arranxaría. Nunca se fixo. Nós, pola nosa conta, solicitamos axuda a Google, empresa que oferta este formato de correo, e respondeunos que probablemente estabamos sendo moderadas no grupo, e dicir, a persoa que administra o grupo decide se publica ou non as nosas mensaxes. De feito, “perdéronse” as mensaxes nas que falabamos da charla de Nutrición, logo rexeitada pola directiva coa alegación de que non tiñan novas nosas respecto a ese tema.

En conclusión, estamos cansas de loitar por facernos un oco na federación, queremos empregar todas as nosas forzas en seguir loitando pola educación pública e sentimos que perdemos o tempo en mil e unha cousas que non chegan a nada, non nos sentimos representadas polo afán recadatorio que vemos nas festas e que contradí o noso espírito de solidariedade cos nenos e nenas de menos recursos, non nos gusta a competitividade que se fomenta contra a ANPA Pena do Equilibrio porque non está na federación. Unidade é participación sen perder a identidade. No momento que unha ANPA corre o risco de perder a súa identidade, cando os intereses duns poucos deciden por todos, cando nos sentimos manipuladas é hora de marchar.

Desde este instante, deixamos nas vosas mans as responsabilidades que tiñamos: a representación na Comisión de Escolarización e no Consello Escolar Municipal; e a de manter o blog e as redes sociais. Sentímonos orgullosas de ter participado tan activamente.

Animamos a todos os membros das ANPAs que conforman a federación a que tomen o control e non se deixen facer, que defendan as súas posturas nas asembleas e a que levanten a man cando non estean de acordo.

Pola nosa parte, desexámosvos moita sorte e seguiremos participando en todo aquilo que teñades a ben e nos pareza xusto e limpo. E seguiremos decidíndoo todas xuntas.

mércores, 14 de setembro de 2011

Afiliación 2011 - 2012


Para a súa comodidade e para axilizar os trámites e así evitar demoras, pregámoslle que cubra o formulario que de seguro terá xa na casa, e fagánolo chegar ben por medio do alumno/a, no buzón da ANPA ou no noso local os luns ás 09:00h.

  • A cuota é familiar, non por alumno/a.
  • Pregamos que ao facer o ingreso na caixa conste o nome do alumno/a ou alumnos/as e o correspondente curso, e adxunte o resgardo á ficha.
  • As cuotas das actividades extraescolares serán as fixadas polo mestre ou mestra correspondente. Os non socios pagarán un recargo de 3 €.
CUOTA ANUAL FAMILIAR DE 12 € A INGRESAR EN NOVA CAIXA GALEGA

Nº DE CONTA: 2080-0056-01-0000226996

luns, 21 de setembro de 2009

Afiliación


A cota deste curso é de 12€.

Para a súa comodidade e para axilizar os trámites e así evitar demoras, pregámoslle que cubra os formularios que de seguro terá xa na casa, e os meta no sobre xunto co importe da cota e a folla da actividade ou actividades escollidas.
Os que teñan máis dun fillo nesta escola, por favor metan toda esta información nun único sobre.

Recollerémolos todos os días de 09:00h a 10:30h no local da A.N.P.A.
Tamén se pode ingresar o importe da cota na seguinte conta de Caixanova: 2080-0056-01-0000226996, facendo constar o nome completo do pai/nai.

Data límite: venres 25 de Setembro de 2009.