Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 24 de agosto de 2016
mércores, 22 de xuño de 2016
venres, 17 de xuño de 2016
Festa de FIN DE CURSO!
O vindeiro martes 21 de xuño, de 18:00 a 20:00,
celebraremos a nosa Festa de Fin de Curso. Haberá xogos populares, xogos
de auga e merenda de balde para todas as nenas e nenos. O alumnado
asociado entrará gratis e para o resto o importe será só de 1€. Adultos e
bebés non pagan. Esta festa é para todo o alumnado de infantil e
primaria dos centros de ensino público de Ponteareas. As nenas e nenos
terán que vir acompañados dalgún adulto. Ah, e contamos cun seguro de
responsabilidade civil. Achegádevos á Festa, imos pasalo de marabilla!
luns, 23 de maio de 2016
Actividades alternativas á reválida de 3º
Despois de solicitar ao Concello a organización de actividades lúdicas
dirixidas ao alumnado de 3º de primaria para os días 24 e 25 de maio
en horario de mañá, para aquelas familias que non queiran participar na
reválida e teñan complicada a conciliación laboral/familiar INFORMAMOS
que a Concellería de Ensino, P.C. e Rexime Interior habilitará
instalacións municipais a fin de realizar as actividades que se reflexan
no cadro entre as 9 e 14:30 h.
Requírese a inscrición previa no teléfono 673.794.880.
Requírese a inscrición previa no teléfono 673.794.880.
xoves, 14 de abril de 2016
APROBASE O REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Este borrador foi aprobado en Asemblea Xeral de familias asociadas o pasado martes 12 de abril. As familias asociadas tiveron a posibilidade de participar no mesmo nun proceso de emendas que posteriormente se debateron na asemblea xeral.
Debatéronse temas tan importantes como os votos delegados, a dispoñibilidade da Xunta Directiva ou a confidencialidade dos datos internos. Tras a súa aprobación, o regulamento será redactado incluíndo as emendas aprobadas e en breve poráse a disposición pública.
Debatéronse temas tan importantes como os votos delegados, a dispoñibilidade da Xunta Directiva ou a confidencialidade dos datos internos. Tras a súa aprobación, o regulamento será redactado incluíndo as emendas aprobadas e en breve poráse a disposición pública.
luns, 11 de abril de 2016
DÍA DA ÁRBORE NO CEIP FERMÍN BOUZA BREY
O pasado venres 8 de abril, o alumnado do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas celebrou o Día da Árbore plantando unha por curso nos xardíns do centro.
Este evento, organizado pola ANPA Tea, contou coa colaboración do Servizo Forestal do Condado - Paradanta, que acudiu a ensinarlles ás rapazas e rapaces da escola como se planta unha árbore e darlles unha charla sobre o entorno e como coidalo.
A directiva da ANPA, mercou sete árbores -unha por cada curso de primaria máis outra para educación infantil- que tiñan que cumprir algunhas das seguintes características: ser unha árbore autóctona, froiteira e dar o froito durante a tempada escolar. Estas condicións son necesarias para que a rapazada non se quede só na plantación, senón que tamén poida seguir os pasos do crecemento da súa árbore a medida que van estudando na aula o proceso, e por suposto, que recollan e saboreen o froito do que coidaron. Así, os cativos e cativas de educación infantil posúen xa unha arandeira, o alumnado de primeiro ten un mandarineiro, o de segundo unha ameixeira, o de terceiro unha amendoeira, o de cuarto unha maceira Urraca, o de quinto unha maceira Tabardilla e o de sexto unha pereira común. Logo da plantación, cada grupo gozou dunha interesante charla sobre os nosos bosques adaptada a cada marxe de idade.
Hai que ter en conta que cada grupo conta cun número de entre 55 e 88 alumnos/as, co que resulta complicado organizar calquera actividade neste centro, pero contamos cun alumnado que se comporta de xeito inmellorable e iso facilita moito esta labor. Por este motivo -o elevado número de alumnado- e porque contamos cun espazo limitado, soamente contamos cunha árbore por curso.
A ANPA Tea agradece a colaboración de Fontán Plant de Covelo, que asesorounos e regalounos unha das árbores; ao Distrito Forestal XVII e máis concretamente a Pablo, Rafa, Berto e Mario, que gañáronse á rapazada ensinándolles a plantalas, e a José e Laura pola interesante charla; e ao profesorado do centro por estar sempre disposto a participar destas actividades.
xoves, 18 de febreiro de 2016
Borrador de Regulamento de Réxime Interno
Neste curso 2015/2016 a directiva da ANPA Tea confeccionou un borrador de Regulamento de Réxime Interno. Que é isto?
Este borrador debe ser aprobado en Asemblea Xeral de familias asociadas, pero antes dende a Xunta Directiva damos a posibilidade de participar no mesmo. Para isto, abrimos dende hoxe un prazo de emendas para que todas as familias asociadas poidan tomar parte neste regulamento. Achegamos o borrador coas liñas numeradas e un formulario de emendas para tal fin que podedes cubrir cos datos, as vosas emendas (unha por formulario) de engadido, eliminación ou substitución, a liña a emendar e a argumentación para facer esta emenda. Isto é moi importante, xa que axudará a que se aprobe ou rexeite a emenda.
O prazo de recepción de emendas será de 15 días a partir de hoxe. Podedes deixalas ben cumprimentadas na nosa caixa de correo. Non teremos en conta aquelas emendas que non cheguen en prazo, non veñan no formulario que proporcionamos, non estean ben cubertas ou lles falten datos.
Posteriormente, celebraráse unha Asemblea Xeral de Familias Asociadas para debater e acordar as emendas entre todas.
O Regulamento de Réxime Interno é unha norma complementaria dos Estatutos, que vén ampliar, ou complementar a estes en materias non especificadas nos mesmos ou que especificadas, non teñen un desenvolvemento suficientemente amplo. Como tal norma de desenvolvemento, en ningún caso poderá o seu contido ser contrario ao contido estatutario. A existencia deste Regulamento de Réxime Interno non é obrigatoria, pero si conveniente, especialmente naqueles casos en que a redacción estatutaria está rexida por un criterio minimalista.
A vantaxe da súa existencia é que non é obrigatoria a súa inscrición no Rexistro de Asociacións. Habitualmente este documento vén regular, detalladamente, as reunións dos órganos da asociación, o réxime disciplinario e, en xeral, materias que nos Estatutos figuran dun modo superficial.
Este borrador debe ser aprobado en Asemblea Xeral de familias asociadas, pero antes dende a Xunta Directiva damos a posibilidade de participar no mesmo. Para isto, abrimos dende hoxe un prazo de emendas para que todas as familias asociadas poidan tomar parte neste regulamento. Achegamos o borrador coas liñas numeradas e un formulario de emendas para tal fin que podedes cubrir cos datos, as vosas emendas (unha por formulario) de engadido, eliminación ou substitución, a liña a emendar e a argumentación para facer esta emenda. Isto é moi importante, xa que axudará a que se aprobe ou rexeite a emenda.
O prazo de recepción de emendas será de 15 días a partir de hoxe. Podedes deixalas ben cumprimentadas na nosa caixa de correo. Non teremos en conta aquelas emendas que non cheguen en prazo, non veñan no formulario que proporcionamos, non estean ben cubertas ou lles falten datos.
Posteriormente, celebraráse unha Asemblea Xeral de Familias Asociadas para debater e acordar as emendas entre todas.
venres, 18 de decembro de 2015
Derradeiro día do ano no cole!
O noso agasallo para as mozas e mozos do cole: marcapáxinas feitos por nós, un a un. 500 en total! O noso agradecemento ás marabillosas persoas que botaron unha man.
venres, 27 de novembro de 2015
DESCONTOS PARA FAMILIAS ASOCIADAS!
Aprezada socia ou socio:
Este carné que achegamos é para uso da túa familia por estar asociada á ANPA Tea. Con el, terás descontos en varios establecementos da nosa vila. Só tes que presentalo xunto co DNI nas tendas e centros que che enumeramos máis abaixo e terás beneficios inmediatos nas túas compras e gastos.
Lembra que o carné é válido unicamente para este curso 2015-2016.
Establecementos adheridos e descontos:
ESTES DESCONTOS NON SON ACUMULABLES COAS OFERTAS PROPIAS DOS ESTABLECEMENTOS.
A ANPA TEA NON SERÁ RESPONSABLE DOS CAMBIOS QUE SE POIDAN PRODUCIR NESTES DESCONTOS. MÁIS INFORMACIÓN NO ESTABLECEMENTO.
Este carné que achegamos é para uso da túa familia por estar asociada á ANPA Tea. Con el, terás descontos en varios establecementos da nosa vila. Só tes que presentalo xunto co DNI nas tendas e centros que che enumeramos máis abaixo e terás beneficios inmediatos nas túas compras e gastos.
Lembra que o carné é válido unicamente para este curso 2015-2016.
Establecementos adheridos e descontos:
- Índice Barbershop (Castelao 64 - 886.216.221) 20% para alumnado.
- El Baúl de la Costura (Esperanza 26 baixo 2 - 620.089.838) 10% en telas e las.
- Cafetería Los Pitufos (Castelao 18 - 886.216.255) 5% en cumpreanos (asociándose no parque e mín. 15 nenos/as).
- Polisport (Praza Maior 4 - 986.660.469) 15%.
- Pleno Modas (Avenida de Galicia 11 e 13 - 986.650.995) 10%.
- Hipercalzado (Ciclista Emilio Rodríguez 3 - 986.660.582) 10%.
- Charcos (Amado Garra 5) 10%.
- Atmósfera Sport (Virxe dos Remedios 8) 15% deportes.
- Ángela Silva Fotografía (Amado Garra 8 - 986.642.780) 5% en traballos profesionais excepto álbum dixital.
- Óptica Mahen (Senén Canido 4) 15% lentes e monturas oftálmicas, revisións e exploracións optométricas de balde para toda a familia.
- Radio Hertz (Morales Hidalgo 7) 5% reparación de electrodomésticos e venda de pequeno electrodoméstico, 10% material eléctrico de instalación.
- Casa Pepe (Morales Hidalgo 16) 5% libros de lectura e material escolar.
- Gabinete Logros (Mimosas baixo 3 portal 4) 5% psicoloxía e terapia ocupacional, 10% fisioterapia.
- Centro Actividades Silvia Taboada (Camelias 12, baixo) 10% para alumnado.
- Clínica Dental Dr. García Álvarez (Ramiro Sabell 4, baixo) 15% en tratamentos específicos e odontoloxía básica (excepto implantes, ortodoncias...) para toda a familia.
- Estrada Estilismo Home (Estrada 13) 1€ en cortes de pelo.
- Óptica Alemana / Opticalia (Praza Bugallal 6 / Vidales Tomé 1) En lente graduada, incluídas as de promoción, terán un desconto en montura do 10%, e en lentes do noso provedor habitual un 35%. Os nenos e nenas de 0 a 8 anos terán as lentes gratis ao comprar a súa lente graduada (en gradacións +/- 2 cil, +/- 4 esf). Máis información en tendas.
- Areacomputers (Salvaterra 27, baixo) 20% en cursos para adultos e 1 hora de balde (a maiores)en cursos infantís.
- Ovella Negra (Castelao 13) 10% para toda a familia.
ESTES DESCONTOS NON SON ACUMULABLES COAS OFERTAS PROPIAS DOS ESTABLECEMENTOS.
A ANPA TEA NON SERÁ RESPONSABLE DOS CAMBIOS QUE SE POIDAN PRODUCIR NESTES DESCONTOS. MÁIS INFORMACIÓN NO ESTABLECEMENTO.
MÁIS DESCONTOS PROXIMAMENTE. SEGUIREMOS INFORMANDO!
xoves, 26 de novembro de 2015
DEBATE SOBRE VIOLENCIA MACHISTA NO CEIP FERMÍN BOUZA BREY
O alumnado de 5º e 6º de primaria ven de participar os días 25 e 26 de novembro, nun debate sobre violencia machista organizado pola ANPA Tea en colaboración co centro.
Co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, dende a asociación de nais e pais, consideran moi importante que as rapazas e rapaces teñan dende xa moi clara a importancia deste tema e coñezan conceptos que lles axuden a detectar comportamentos machistas que poden darse incluso nos centros de estudo.
Para isto, contaron coa colaboración de dous estudantes formados no tema, Ángela e Pablo, que guiaron e moderaron ás nenas e nenos para que pensaran e chegaran por sí mesmas a unhas conclusións axeitadas dacordo coa súa idade.
mércores, 7 de outubro de 2015
Novo curso 2015/2016
Estimadas familias:
Onte recibistes as circulares para poder asociarvos, para recibir cobertura do seguro escolar e para participar das actividades extraescolares.
Pedímosvos brevidade á hora de cumprimentalas no caso de que esteades interesadas, xa que este curso, como sabedes, imos con certo atraso. Do mesmo xeito, animámosvos a despexar calquera dúbida que teñades nestes aspectos.
As familias que se asocien recibirán en breve o seu carné e a listaxe de establecementos onde terán descontos.
Tamén vos informamos de que a nova dirección de correo-e é: anpatea@gmail.com e a nova dirección do noso blogue: anpatea.blogspot.com
Podedes seguirnos tamén en facebook.
luns, 2 de marzo de 2015
#MobilízatePolaIgualdade
Como xa saberedes, a ANPA Tea colabora no que pode con Ponte Solidario, e desta vez estamos decididas a sacar adiante o seu Informe de Mínimos que tamén é o noso e despois de botarlle un ollo, seguro que tamén o voso.
Difundimos a mensaxe de PS a continuación:
http://www.pontesolidario.com/movilizandoAntes de nada, se aterras aquí e aínda non sabes que é iso do "Informe de Mínimos", corre a lelo! E a continuación, se compartes a necesidade de solucións que formulamos, podes asinar aquí:
Petición dirixida á Corporación Municipal de Ponteareas
Como sabes, Ponte Solidario centra os seus esforzos nas inxustizas que afectan aos máis débiles da nosa sociedade. Por iso, nos últimos meses puxemos en marcha iniciativas encamiñadas a loitar frontalmente contra estas inxustizas.
Charlas sobre realidade social, manifestos en días sinalados, asistencia aos plenos municipais, participación na Coordinadora das Marchas da Dignidade e sobre todo, a elaboración do Informe de Mínimos coa recollida de firmas.
O obxectivo deste documento non é outro que o de converterse nunha realidade a través das canles municipais, por iso o próximo 17 de marzo votarase no Pleno Municipal a súa aprobación e para ese día, contamos co apoio de todos eles.
Como podes apoiar ata entón?
- Descarga a imaxe aquí.
- Imprime o cartel e faiche unha foto con el. Se non podes imprimilo, valerá con que escribas nun papel "Eu apoio ou Informe de Mínimos", engadindo tamén un dos hashtag #EuMobilízome ou #MobilízatePolaIgualdade.
- Publica esa foto nas túas canles sociais (FB ou Twitter) mencionando a Ponte Solidario, sumarás apoios á causa ademais de aparecer no noso carrousel!
mércores, 28 de xaneiro de 2015
Queres pagar menos pola excursión de fin de curso?
A Anpa Tea convoca a nais e pais do alumnado de 6º de primaria a unha xuntanza que terá lugar o martes día 3 de febreiro ás 17:00 horas, na escola. O tema a tratar será o aparcadoiro do corpus con fin de recadar cartos para excursión de fin de curso.
Prégase a máxima asistencia.
martes, 14 de outubro de 2014
Carné de Familia Asociada
![]() |
Este carné é de mostra, o teu vai a cor. |
O carné que recibiches hoxe é para uso e disfrute da túa familia por estar asociada á ANPA Tea.
Con el, terás descontos en varios establecementos da nosa vila. Só tes que presentalo xunto co DNI nas tendas e centros que che enumeramos máis abaixo
Con el, terás descontos en varios establecementos da nosa vila. Só tes que presentalo xunto co DNI nas tendas e centros que che enumeramos máis abaixo
e terás beneficios inmediatos nas túas compras e gastos.
Lembra que o carné é válido unicamente para este curso 2014-2015.
Establecementos adheridos e descontos:
- Tattoo Barbershop (20% en nenos e nenas - 10% en adultos/as)
- Atmósfera Sport (15%)
- Polisport (15%)
- Clínica Dental Dr. C.García Álvarez (25%)
- Óptica Alemana (10% monturas - 35% lentes - lentes de balde de 0 a 8 anos)
- Centro de Actividades Silvia Taboada (10%)
- Librería Casa Pepe (5%)
- A Escola de Arte (desconto 5€/mes de 3 a 6 anos - desconto de 2€/mes de 7 a 12 anos)
- Estrada Estilismo (1€ desc. ata 6 anos - 1,50€ desc. ata 12 anos)
- Tendas Dais (10% en xoguetes de importación)
A ANPA TEA NON SERÁ RESPONSABLE DOS CAMBIOS QUE SE POIDAN PRODUCIR NESTES DESCONTOS. MÁIS INFORMACIÓN NO ESTABLECEMENTO.
martes, 9 de setembro de 2014
COMUNICADO Á DIRECTIVA DA FANPO E A TODOS OS MEMBROS DAS ANPAs QUE A CONFORMAN
A directiva da ANPA Tea informa, mediante o presente comunicado, a súa baixa na Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Centros de Ensino Público das comarcas Condado-Paradanta e Louriña. Esta decisión comunícase de acordo aos seguintes puntos:
- e)/art.3º/cap.1 dos estatutos de dita federación que di: “A admisión ou separación de cada ANPA é libre e voluntaria”.
- a)/art.12º/cap.II que di que a condición de asociado pérdese: “Por vontade da ANPA asociada, por medio de acordo adoptado de conformidade os seus estatutos e comunicado formalmente”.
Todo isto sumado á descarada defensa de intereses nacionalistas en prexuízo dos que non o son. Lembremos que esta federación pertence a dúas Plataformas en defensa do Ensino Público pero que soamente se tratan iniciativas da plataforma nacionalista e non se teñen en conta as da Marea Verde, como por exemplo a da resolución aos Consellos Escolares para o mantemento dos libros de texto, presentada por nós e ignorada polo resto da directiva da federación para logo asumir a mesma iniciativa pero, desta vez, en clave nacionalista; ou a proposta de Banco de Libros da Marea Verde, tamén ignorada pola directiva desta federación. Así mesmo promóvense as reivindicacións e mobilizacións dos sindicatos nacionalistas e anímase ás ANPAs a acudir só a estes eventos.
Polo tanto, nesta ANPA estamos de acordo que a federación incumpre os seguintes puntos dos seus estatutos:
- f)/art.3º/cap.1: “Ningún asociado nin directivo pode utilizar a federación en defensa de intereses particulares e persoais ou con fins partidistas”.
- g)/art.3º/cap.1: “É independente de calquera partido político”.
Así mesmo queremos denunciar a censura á que é sometida esta ANPA dende a data da asemblea citada anteriormente na que exposmos as nosas queixas. A nosa ANPA era a encargada do grupo de correo. Sen acordo asembleario e sen avisar, se nos quitou esta responsabilidade, o sabemos porque comprobamos que de administradoras pasamos a non poder entrar na páxina web do citado grupo. Os correos que enviamos ao grupo se publican con días de atraso ou non se publican. Pedimos explicacións en varias ocasións e por diversas canles e unhas veces ignoróusenos e outras aseguráronnos que se descoñecía o problema pero que se arranxaría. Nunca se fixo. Nós, pola nosa conta, solicitamos axuda a Google, empresa que oferta este formato de correo, e respondeunos que probablemente estabamos sendo moderadas no grupo, e dicir, a persoa que administra o grupo decide se publica ou non as nosas mensaxes. De feito, “perdéronse” as mensaxes nas que falabamos da charla de Nutrición, logo rexeitada pola directiva coa alegación de que non tiñan novas nosas respecto a ese tema.
En conclusión, estamos cansas de loitar por facernos un oco na federación, queremos empregar todas as nosas forzas en seguir loitando pola educación pública e sentimos que perdemos o tempo en mil e unha cousas que non chegan a nada, non nos sentimos representadas polo afán recadatorio que vemos nas festas e que contradí o noso espírito de solidariedade cos nenos e nenas de menos recursos, non nos gusta a competitividade que se fomenta contra a ANPA Pena do Equilibrio porque non está na federación. Unidade é participación sen perder a identidade. No momento que unha ANPA corre o risco de perder a súa identidade, cando os intereses duns poucos deciden por todos, cando nos sentimos manipuladas é hora de marchar.
Desde este instante, deixamos nas vosas mans as responsabilidades que tiñamos: a representación na Comisión de Escolarización e no Consello Escolar Municipal; e a de manter o blog e as redes sociais. Sentímonos orgullosas de ter participado tan activamente.
Animamos a todos os membros das ANPAs que conforman a federación a que tomen o control e non se deixen facer, que defendan as súas posturas nas asembleas e a que levanten a man cando non estean de acordo.
Pola nosa parte, desexámosvos moita sorte e seguiremos participando en todo aquilo que teñades a ben e nos pareza xusto e limpo. E seguiremos decidíndoo todas xuntas.
mércores, 27 de agosto de 2014
Calendario Escolar 2014/2015
No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2014 ao 19 de xuño de 2015, ambos inclusive.
Períodos de vacacións
1.-Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
Períodos de vacacións
- Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos inclusive.
- Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
- Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos inclusive.
1.-Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
- 25 de novembro de 2014: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
- Do 1 ao 11 de decembro de 2014: *conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia.
- 10 de decembro de 2014: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
- 30 de xaneiro de 2015: Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
- 8 de marzo de 2015: Día Internacional da Muller Traballadora.
- 15 de marzo de 2015: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
- Do 9 ao 13 de marzo de 2015: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase no aula con xornais.
- Entre o 13 e o 30 de abril de 2015: Día do Libro.
- 7 de abril de 2015: Día Mundial da Saúde.
- 9 de maio de 2015: Día de Europa.
- Do 7 ao 17 de maio de 2015: Semana das Letras Galegas.
- 5 de xuño de 2015: Día Mundial do Medio Ambiente.
3.-Cando algunha das datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domingo, festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións establecidos no artigo 6 desta orde, a correspondente conmemoración celebrarase o día lectivo inmediatamente anterior ou posterior segundo estableza a programación xeral anual.
4. As datas ás que se refiren os puntos 1 e 2 son lectivas para todos os efectos e nelas os centros deberán organizar actividades diversas, tendentes a destacar a importancia das referidas conmemoracións.
Máis información: DOG nº 120
venres, 16 de maio de 2014
Campamento de Verán
Descárgate xa a solicitude e non perdas a túa praza no Campamento de Verán da ANPA Tea.
Nº de conta IBAN: ES42 2080 5056 1330 0022 6993
venres, 25 de abril de 2014
BANCO DE LIBROS
Dende a ANPA Tea e por segundo curso consecutivo, estamos a organizar o Banco de Libros de Texto. O obxectivo é aproveitar ao máximo os libros que aínda estean vixentes e poidan ser reutilizados para o vindeiro curso escolar. Para acadalo precisamos da vosa valiosa colaboración.
Funcionamento do Banco:
- As familias achegarán os libros ao local da ANPA do centro co impreso cuberto que se achega.
- Os libros deben estar en bo uso, de 3o de primaria en diante. Tamén pódense recoller libros de lectura obrigada.
- A antigüidade máxima será de catro cursos.
- Deben estar vixentes para o curso 2014-2015.
- As datas de entrega de libros serán dende o 23 ao 27 de xuño en horario de 10 a 12 da mañá.
- A ANPA fará os lotes segundo os criterios que veñen a continuación e as familias virán recollelos ao noso local.
- As datas de recollida de libros serán dende o 30 de xuño ao 4 de xullo en horario de 10 a 12 da mañá.
- A ANPA non se compromete a entregar a totalidade dos libros solicitados.
Criterios de adxudicación:
- Familias con informe favorable e usuarias de Ponte Solidario con especiais dificultades económicas.
- O resto repartiráse entre as familias que resten por orde de inscripción.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA
O CONSELLEIRO ANUNCIA O MANTEMENTO DOS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO EN CONCORDANCIA COA RECLAMACIÓN FEITA POLA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
A Plataforma en defensa do Ensino Público conformada por CCOO, FETE-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva congratulase coas manifestacións feitas o mércores en sede parlamentaria polo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, nas que entre outros asuntos manifestaba o mantemento dos libros de texto para o vindeiro curso entendendo que "hai marxe para que os novos contidos poidan ser adaptados nas aulas".
Desde a Plataforma en Defensa do Ensino Público iniciaramos una campaña para que os Consellos Escolares dos centros se manifestaran en contra do cambio dos manuais para o vindeiro curso na liña de que os cambios que se plantexaban coa implantación da LOMCE non repercutiran na xa de por si maltreita economía das familias. Convén lembrar que esta campaña conta coa numerosa adhesión de Consellos Escolares dos centros educativos galegos que xa aprobaron resolucións nese sentido a instancia da nosa Plataforma.
A Campaña que tamén se fixo extensiva aos Consellos Escolares Municipais e conta co apoio dos mesmos. O máis inmediato é o caso do CEM de Lugo, que onte aprobou unha resolución contraria ao devandito cambio.
Asemade os conselleiros da Comisión Permanente do Consello Escolar de Galicia pertencentes ás organizacións que conforman a Plataforma en Defensa do Ensino Público xa solicitaramos unha xuntanza da devandita comisión para debater unha resolución contraria ao cambio de libros de texto para o vindeiro curso instando á potenciación dos bancos de libros e as bibliotecas de aula.
Malia que nos congratulamos coa decisión tomada polo Conselleiro, desde a Plataforma en Defensa do Ensino Pública, queremos facer constar que continuaremos a esixir o completo financiamento do ensino público con fondos públicos, reclamando a recuperación da gratuidade dos libros de texto e a potenciación de alternativas como os bancos de libros ,xa creados en numerosos centros, que deben seguir sendo usados porque supoñen un capital social que debe ser respectado e defendido.
Así mesmo emprazamos ao Conselleiro a entablar un diálogo que nos permita facerlle chegar o noso posicionamento noutras cuestións que son inherentes ao desenvolvemento e implantación da LOMCE na nosa comunidade.
xoves, 19 de decembro de 2013
Almanaque 2014
Bo día:
Como sabedes, a ANPA Tea leva adiante un proxecto chamado LECTURA SOLIDARIA, no que vendemos libros de segunda man a 1 e 2 euros para financiar excursións e material escolar dos cativos de familias con problemas económicos.
Non quedamos somentes nisto; dende o Consello Escolar Municipal (no que estamos representados/as pola FANPO) conseguimos sacar adiante o compromiso plenario do Concello para que todos os rapaces e rapazas en risco de exclusión social da localidade teñan comedor escolar asegurado aínda que nos seus centros non o haxa.
E por isto que pedimos a vosa colaboura, xa sea difundindo esta nova para que todas as familias que o precisen acudan a informarse de cómo beneficiarse desta axuda; ou achegándovos polo posto de venda de libros sito no edificio de secretaría do centro.
Asemade, podedes reservar o almanaque 2014 do proxecto por somentes 2 euros. Quedan poucos, así que reserva xa o teu!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)