Curso 2016/2017
Para poder asociarse á ANPA Tea fan falla os seguintes requisitos:
Para poder asociarse á ANPA Tea fan falla os seguintes requisitos:
- Ser nai, pai ou titor/a de alumno/a/os/as con matrícula no CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas.
- Solicitar a inscrición de Familia Asociada.
- Pagar a cota establecida.
- Aceptar expresamente os estatutos desta ANPA.
As familias asociadas teñen os seguintes dereitos:
- Tomar parte nas asembleas con voz e voto.
- Poder elixir e ser elixidas para cargos directivos.
- Tomar parte en cantas actividades organice a asociación en cumprimento dos seus fins.
- Desfrutar de todas as vantaxes e beneficios que a asociación poida obter.
- Ter copia dos estatutos.
- Ser informadas sobre a composición da Xunta Directiva.
- Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da asociación.
- Facer suxerencias á Xunta Directiva en orde a mellorar o cumprimento das fins da asociación.
- Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da asociación todos os anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
A cota de 12€ é familiar, non por alumno/a. Estaremos no noso local os martes de 16:00 a 18:00 para cobrar as cotas.
Non fai falla asociarse para participar das actividades extraescolares ou obter a cobertura do seguro escolar pero si para bonificacións, descontos e asistir a asembleas xerais.
Non fai falla asociarse para participar das actividades extraescolares ou obter a cobertura do seguro escolar pero si para bonificacións, descontos e asistir a asembleas xerais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario