Amosando publicacións coa etiqueta Concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de setembro de 2014

COMUNICADO Á DIRECTIVA DA FANPO E A TODOS OS MEMBROS DAS ANPAs QUE A CONFORMAN

A directiva da ANPA Tea informa, mediante o presente comunicado, a súa baixa na Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Centros de Ensino Público das comarcas Condado-Paradanta e Louriña. Esta decisión comunícase de acordo aos seguintes puntos: 
  • e)/art.3º/cap.1 dos estatutos de dita federación que di: “A admisión ou separación de cada ANPA é libre e voluntaria”.
  • a)/art.12º/cap.II que di que a condición de asociado pérdese: “Por vontade da ANPA asociada, por medio de acordo adoptado de conformidade os seus estatutos e comunicado formalmente”.
Os motivos da nosa baixa son varios, pero quizais o máis importante é o que xa notificamos na Asemblea Extraordinaria da FANPO do 25/03/2014 e que consideramos innegociable: a petición de rectificación ao partido político BNG por atribuírse publicamente no seu voceiro a iniciativa presentada pola federación no Consello Escolar Municipal e levada a pleno por este último o 19/11/2013 na que se insta ao Goberno Municipal a atender nos comedores escolares a todo o alumnado en risco de exclusión social.

Todo isto sumado á descarada defensa de intereses nacionalistas en prexuízo dos que non o son. Lembremos que esta federación pertence a dúas Plataformas en defensa do Ensino Público pero que soamente se tratan iniciativas da plataforma nacionalista e non se teñen en conta as da Marea Verde, como por exemplo a da resolución aos Consellos Escolares para o mantemento dos libros de texto, presentada por nós e ignorada polo resto da directiva da federación para logo asumir a mesma iniciativa pero, desta vez, en clave nacionalista; ou a proposta de Banco de Libros da Marea Verde, tamén ignorada pola directiva desta federación. Así mesmo promóvense as reivindicacións e mobilizacións dos sindicatos nacionalistas e anímase ás ANPAs a acudir só a estes eventos.

Polo tanto, nesta ANPA estamos de acordo que a federación incumpre os seguintes puntos dos seus estatutos:
  • f)/art.3º/cap.1: “Ningún asociado nin directivo pode utilizar a federación en defensa de intereses particulares e persoais ou con fins partidistas”.
  • g)/art.3º/cap.1: “É independente de calquera partido político”.
Tamén temos que facer constar que non nos sentimos representadas polo presidente desta federación, xa que reiteradamente e en público asume argumentos contrarios aos acordos acadados polas asembleas. Consideramos isto un erro indiscutible, xa que participa con estes argumentos falaces no Consello Escolar Municipal, nas xuntanzas de Anpas Galegas ou en entrevistas co alcalde e concelleiros, todos eles organismos de gran importancia para que se escoiten os verdadeiros acordos que toma esta federación.

Así mesmo queremos denunciar a censura á que é sometida esta ANPA dende a data da asemblea citada anteriormente na que exposmos as nosas queixas. A nosa ANPA era a encargada do grupo de correo. Sen acordo asembleario e sen avisar, se nos quitou esta responsabilidade, o sabemos porque comprobamos que de administradoras pasamos a non poder entrar na páxina web do citado grupo. Os correos que enviamos ao grupo se publican con días de atraso ou non se publican. Pedimos explicacións en varias ocasións e por diversas canles e unhas veces ignoróusenos e outras aseguráronnos que se descoñecía o problema pero que se arranxaría. Nunca se fixo. Nós, pola nosa conta, solicitamos axuda a Google, empresa que oferta este formato de correo, e respondeunos que probablemente estabamos sendo moderadas no grupo, e dicir, a persoa que administra o grupo decide se publica ou non as nosas mensaxes. De feito, “perdéronse” as mensaxes nas que falabamos da charla de Nutrición, logo rexeitada pola directiva coa alegación de que non tiñan novas nosas respecto a ese tema.

En conclusión, estamos cansas de loitar por facernos un oco na federación, queremos empregar todas as nosas forzas en seguir loitando pola educación pública e sentimos que perdemos o tempo en mil e unha cousas que non chegan a nada, non nos sentimos representadas polo afán recadatorio que vemos nas festas e que contradí o noso espírito de solidariedade cos nenos e nenas de menos recursos, non nos gusta a competitividade que se fomenta contra a ANPA Pena do Equilibrio porque non está na federación. Unidade é participación sen perder a identidade. No momento que unha ANPA corre o risco de perder a súa identidade, cando os intereses duns poucos deciden por todos, cando nos sentimos manipuladas é hora de marchar.

Desde este instante, deixamos nas vosas mans as responsabilidades que tiñamos: a representación na Comisión de Escolarización e no Consello Escolar Municipal; e a de manter o blog e as redes sociais. Sentímonos orgullosas de ter participado tan activamente.

Animamos a todos os membros das ANPAs que conforman a federación a que tomen o control e non se deixen facer, que defendan as súas posturas nas asembleas e a que levanten a man cando non estean de acordo.

Pola nosa parte, desexámosvos moita sorte e seguiremos participando en todo aquilo que teñades a ben e nos pareza xusto e limpo. E seguiremos decidíndoo todas xuntas.

venres, 29 de novembro de 2013

Concurso de debuxo: O MELLOR DO NADAL



Voltamos un ano máis a organizar o concurso de debuxo. Lembrade:

BASES:

  • Todo o alumnado de primaria pode participar.
  • Cada concursante participará cun só debuxo (non collages, etc.) do tema proposto.
  • Os traballos serán presentados na lámina proporcionada pola ANPA Tea.
  • Os traballos dividiránse en tres ciclos: 1º, 2º e 3º ciclo de primaria.
  • Cada ciclo optará a tres premios otorgados aos tres primeiros postos.
  • Todos os e as participantes terán un agasallo polo sinxelo feito de participar.
INFORMACIÓN:


As láminas poderán recollerse os luns de 9 a 10, e os martes de 4 a 5 no local da ANPA. A lámina para os non asociados/as terá un custe de 1 euro, sendo de balde para os asociados/as.
DATA LÍMITE DE RECOLLIDA DE LÁMINAS: 3 DE DECEMBRO DE 2013.

A entrega de traballos será tamén no local da ANPA todos os luns de 9 a 10 e os martes de 4 a 5.
DATA LÍMITE DE ENTREGA DE TRABALLOS: 9 DE DECEMBRO DE 2013.

O xurado que evaluará os traballos, estará formado por 5 membros: equipo diretivo, alumnado, orientación, profesorado e ANPA.

venres, 21 de decembro de 2012

Premios concurso de debuxo "O mellor do Nadal"

A ANPA Tea entregou na festa de Nadal dos días 19 e 20 de decembro, os premios aos gañadores e gañadoras do concurso de debuxo "O mellor do Nadal".

1º CICLO

4º premio: xogo didáctico SUMAS E RESTAS
BRAIS BARROS ALFONSO (1ºB)

3º premio: xogo didáctico LECTRÓN ESPAÑA
JANET GÓMEZ BARROS (2ºD)
 
2º premio: xogo didáctico TETRIS BLOCKS
 CLAUDIA PORTO FERNÁNDEZ (1º C)

1º premio: xogo de mesa PARTY DISNEY
PAULA RICÓN CARBALLIDO (2º A)

2º CICLO

4º premio: xogo de mesa SKETCHY
MOISÉS GARCÍA LORENZO (4º A)

3º premio: xogo didáctico CONECTOR XEOGRAFÍA
LARA RODRÍGUEZ LASO (4º A)

2º premio: CRISTALCEFA
ALBA CASTRO GROBA (4º C)

1º premio: xogo Educa Touch PLANETA TERRA


IRIA GONZÁLEZ COVELO (3º C)
 
3º CICLO

4º premio: xogo de mesa RUMMY
LUIS DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ (6º B)

3º premio: MP3
CRISTIAN SOUSA VIDAL (5º D)

2º premio: MP5
ALAI MERINO ECHAVE (6º C)

1º premio: TABLET
LAURA COLLAZO SOUTELO (6º B)


O noso agradecemento ao xurado formado por: Gloria, Beatriz, Elena, Yolanda e Eva.

xoves, 31 de maio de 2012

ALUMNADO DO CEIP FERMÍN BOUZA BREY DE PONTEAREAS CONSEGUE IMPORTANTES POSTOS EN REPUTADOS CONCURSOS DE MATEMÁTICAS E XADREZ


A ANPA Tea felicita a todos os participantes nas distintas competicións celebradas nos derradeiros días e destaca o esforzo dos alumnos e alumnas do CEIP Fermín Bouza Brey. Estamos orgullosos do nivel de participación do noso centro e vemos como nosa obriga salientar a formación educativa que o alumnado recibe nos CENTROS DE ENSINO PÚBLICO.

XXIV Peón de Oro é un Torneo do Circuito Escolar. Celebrouse en Mondariz Balneario o 19 e 20 de maio. Na categoría prebenxamins, o 3º posto e trofeo de Peón foi para Daniel Lorenzo e o 4º posto e trofeo de Peón foi para Rubén Tielas.

O Campeonato Zonal de Pontevedra Sur xugouse en decembro de 2011 en Nigrán, foi organizado polo club de xadrez Laroca. Na categoría prebenxamins o 3º posto e trofeo foi para Daniel Lorenzo.

No Torneo III Pontexadrez ao aire libre (Torneo do circuito escolar) xogado en Pontevedra o 29 de maio e organizado pola Escola Provincial de Xadrez na que participaron más de 300 xogadores/as, Rubén Tielas quedou no posto 10º na súa categoría (prebenxjamins).

Por outra banda, no XII Rebumbio Matemático celebrado en A Coruña con participantes de toda Galicia, Iago Barros Domínguez, Anxo Fernández Costas e Marta Varela Varela de 6º curso acadaron un terceiro posto na fase final do concurso.

Aínda que os e as protagonistas, para nos sempre son os nenos e nenas, queremos felicitar a Félix, Isabel, Ángeles, Hortensia e Yudania, que como mestre e mestras, conservan a ilusión que lles permite conquerir a súa labor profesional e demostrar a calidade de ensino que levan a cabo na Educación Pública.

venres, 16 de marzo de 2012

Concurso de redacción/debuxo: ÉRASE UNHA VEZ A MIÑA ESCOLA.


BASES:

  • Todos os alumnos/as do centro poden participar.
  • Dende 3º ata 6º se presentará un texto, e infantil, 1º e 2º presentarán un debuxo ou "collage".
  • Cada concursante participará cun só traballo do tema proposto.
  • Os escritos ocuparán unha páxina e, por suposto, en galego.
  • Os traballos serán presentados na lámina proporcionada pola A.N.P.A. Tea.
  • Calquera traballo que non cumpla algún dos requisitos aquí mostrados, quedará fora de concurso.
  • Os traballos se dividirán en catro ciclos: infantil, 1º, 2º e 3º ciclo de primaria.
  • Cada ciclo optará a tres premios otorgados aos tres primeiros postos.
  • Todos os participantes terán un agasallo polo sinxelo feito de participar.
INFORMACIÓN:

As láminas poderán recollerse os luns 19 e 26 de marzo de 09:00 a 10:00, e os martes 20 e 27 de marzo de 16:00 a 17:00 no local da A.N.P.A. A lámina para os non asociados terá un custe de 1 €, sendo de balde para os asociados.
Data límite de recollida de láminas: 27 de marzo de 2012.

A entrega de traballos será tamén no local da A.N.P.A. os luns 16 e 23 de abril de 09:00 a 10:00, e os martes 17 e 24 de abril de 16:00 a 17:00.
Data límite de entrega de traballos: 24 de abril de 2012.

A entrega de premios sería na semana do Teatro, na que tamén se celebra o día das Letras Galegas (día por determinar co persoal docente).

martes, 20 de decembro de 2011

Resultados do concurso de debuxo: O MELLOR DO NADAL


~INFANTIL~


3º PREMIO

Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Celia levouse unha pizarra magnética de BOB ESPONJA.


2º PREMIO

Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Unai levouse un xogo de escritura interactiva.


1º PREMIO

Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Gabriel levouse unha pizarra de aprendizaxe.


~1º CICLO~


3º PREMIO

Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Basilio levouse un xogo ELECTRON do corpo humano.


2º PREMIO

Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Bruna levouse un xogo INSECTICEFA.


1º PREMIO

Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Alejandro levouse un xogo interactivo EDUCA do corpo humano.


~2º CICLO~

3º PREMIO


Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Carla levouse un xogo EDUCA de xeografía.


2º PREMIO

Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Fiz levouse un xogo PISCICEFA.


1º PREMIO

Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Claudia levouse un Trivial Pursuit familiar.


~3º CICLO~

3º PREMIO

Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Iago levouse un MP3 de 2Gb.



2º PREMIO


Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Laura levouse un MP4 de 4Gb con altoparlante.


1º PREMIO

Pica para ver o debuxo no seu tamaño orixinal.

Manuel levouse un DVD portátil.

Noraboa a todos e todas!

martes, 13 de decembro de 2011

Concurso de debuxo: valoración do xurado


Hoxe valoráronse os traballos presentados para o concurso de debuxo "O Mellor do Nadal".
O xurado foi composto por:
  • un membro do equipo directivo do centro
  • unha mestra de plástica do centro
  • a orientadora do centro
  • un alumno de 6º curso
  • un membro da A.N.P.A.
A partires de mañá, os traballos serán expostos na escola. Os nomes dos gañadores e gañadoras se revelará no Festival de Nadal e os premios entregaránse nese mesmo intre. Lembramos que TODOS os participantes levarán un pequeno agasallo polo feito de concursar.

mércores, 2 de novembro de 2011

Concurso de debuxo: O MELLOR DO NADAL

BASES:
  • Todos os alumnos/as do centro poden participar.
  • Cada concursante participará cun só debuxo do tema proposto.
  • Os traballos serán presentados na lámina proporcionada pola A.N.P.A. Tea.
  • Os traballos se dividirán en catro ciclos: infantil e 1º, 2º e 3º ciclo de primaria.
  • Cada ciclo optará a tres premios otorgados aos tres primeiros postos.
  • Todos os participantes terán un agasallo polo sinxelo feito de participar.
INFORMACIÓN:
  • As láminas poderán recollerse os luns de 09:00 a 10:00, e os martes de 16:00 a 17:00 no local da A.N.P.A. A lámina para os non asociados terá un custe de 1€, sendo de balde para os socios/as. Data límite de recollida de láminas: 29 de novembro de 2011.
  • A entrega de traballos será tamén no local da A.N.P.A. todos os luns de 09:00 a 10:00 e os martes de 16:00 a 17:00. Data límite de entrega de traballos: 12 de decembro de 2011.

xoves, 5 de maio de 2011

A Cociña de Tea

Na Anpa Tea estamos empezando un proxecto nado da inquedanza que nos produce a alimentación incorrecta de moitos nenos e nenas.

Todos temos fillos e sabemos que ás veces, son caprichosos á hora de xantar. Ou coñecemos algún caso de rapaces que non queren ás verduras ou somentes comen comida rápida.
Os pais e nais, como solución a estes problemas, empleamos moitas veces trucos ou formas de cociñar os alimentos, que os faga máis atrativos de cara aos cativos.

A educación tamén se lles da á hora de xantar.
Este blog nace da idea de axudarnos, entre todas as nais e pais, a completar a alimentación dos nosos fillos dunha forma sana e divertida. Cos nosos trucos e consellos, podemos facer que eses nenos e nenas, ás veces esixentes ou caprichosos coa comida, vexan a hora de xantar dunha forma máis positiva ao tempo que a súa nutrición resulte máis variada.

Dende a Anpa Tea, vos pregamos que compartades eses trucos co resto de pais e nais para que todos poidamos beneficiarnos deste novo saber popular que comeza ao tempo que proliferan os malos hábitos.

Poñemos á vosa disposición un blog para comezar a compartir todas as vosas receitas e trucos. Non só de verduras e froitas, por suposto. A nosa intención e que haxa de todo un pouco.
Podedes facernolas chegar a través do correo-e ou do buzón da escola.

Cando teñamos suficientes (o obxectivo e 100), premiaremos a mellor receita a través dun xurado composto por membros da comunidade educativa e tamén pediatras (contamos ademáis co aporte dun nutricionista). Iremosvos contando sobre a marcha.
E por último, temos a intención de facer un libro e publicalo para que as vosas ideas estén a disposición de calquera pai ou nai preocupado coma todos nos pola correcta nutrición dos seus fillos. Non fai falla asegurarvos que respetaremos sempre a autoría da receita.

Picade para ver o blog: A Cociña de Tea

Apertas e animádevos a participar.

mércores, 13 de outubro de 2010

Resolución concurso de fotografía para as ANPA II


Gustaríanos informarvos de que a ANPA Tea do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey de Ponteareas, gañou o Concurso de Fotografía organizado pola Federación Provincial de ANPA de centros públicos de Pontevedra.

Levamos o 1º premio da categoría "En Negativo" de entre todas as escolas públicas da provincia de Pontevedra participantes no evento.
A reportaxe fotográfica está exposta na web da Federación.


O vindeiro sábado 23 de outubro celebraráse a recollida de premios nun acto incluído na Asemblea Xeral Ordinaria da FANPA.

Queremos dar as grazas a todos aqueles (no Concello de Ponteareas, Xefatura Territorial e Xunta) que pola súa falta de vontade e absoluta indiferenza cos nosos nenos e nenas, fixeron posible este premio.

Un saúdo.

xoves, 30 de setembro de 2010

Concurso de PINTURA RURAL INFANTIL


Convidámoste a participar. A ANPA faise cargo dos envíos. Tan só tráenos a túa obra calquera luns do mes de outubro, de 9 a dez da mañá e espera a que che demos a noraboa!

Bases do certame

Poderán participar todos os nenos e nenas que en curso escolar 2010-2011 cursen 1º, 2º, 3º ó 4º de primaria ( primeiro e segundo ciclo).

Os temas nos que esten inspiradas as obras deberán ter relación co medio agrícola (a vida nel, a súa conservación, o crecemento das plantas, os cultivos, o seu aproveitamento, etc.)

As obras que se presenten han de ser en formato horizontal e de medidas Din A-4 (21 X 29,7 cm), ou Din A-3 (29,7 x 42 cm).

Tanto a técnica como o estilo de pintura son libres. A única limitación é que teñen que ir en cores. Recoméndase a utilización daquelas técnicas que posibiliten o desenvolvemento creativo do neno na utilización das cores (ceras, guasch, acuarelas, etc), no canto dos lapis de cores, cos que os nenos obríganse a debuxar e non pintar.

Só se admitirá unha obra por alumno participante.

As obras serán avaliadas por un xurado no que terán representación personalidades do mundo da arte, do Ministerio de Educación e Cultura, de Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño de Fertiberia, S.A.

O xurado comunicará o seu veredicto antes do 12 de Novembro de 2010, podendo adxudicar todos os premios ou non.

O ditame do xurado, que terá carácter irrevogable, comunicarase directamente aos gañadores e a todos os centros participantes.
Fertiberia, S.A. resérvase o dereito de reprodución das obras presentadas ao Certame. As obras presentadas pasarán a ser propiedade de Fertiberia, S.A., quen se reserva todos os dereitos sobre as mesmas.

Os premios establecidos para os gañadores en este Certame Fertiberia de Pintura Rural Infantil son:

  • Bolsa de estudos de 6.000 euros e Gran Trofeo Fertiberia, viaxe e visita ao museo do Prado para o gañador, pai e/ou titor (co apoio da Fundación Amigos do Museo do Prado).
  • Bolsa de estudos de 3.000 euros para o 2º premio.
  • Bolsa de estudos de 2.500 euros para o 3er premio.
  • Bolsa de estudos de 2.000 euros para o 4º e 5º premio.
  • Visita guiada ao Museo do Prado dun colexio seleccionado entre os participantes no Certame Fertiberia (co apoio da Fundación Amigos do Museo do Prado).
  • Ademais, todos os participantes recibirán un diploma.


sábado, 25 de abril de 2009

O CONCELLO DE PONTEAREAS NON PAGA O QUE PROMETEU ÁS COMPARSAS DO C.E.I.P. FERMÍN BOUZA BREY QUE PARTICIPARON NO ENTROIDO 2009

O Concello de Ponteareas débelle ás comparsas do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey a cantidade de 200 €, por participar no Entroido 2009 da vila.

Na páxina web do Concello do día 16 de Febreiro, pódese ler: “As bases do concurso establecen que cada comparsa – que deberá contar cun mínimo de 20 membros– recibirá do Concello unha axuda económica de 100,00 €.”

Os rapaces e rapazas que o día 22 de Febreiro formaron parte destas dúas comparsas da escola, inscribíronse no Concello e coa axuda dos seus profesores e pais, deseñaron e fixeron os disfraces, desfilaron e cantaron as súas coplas no escenario da Praza Maior; e todo isto coa ilusión de recibir eses cartos para empregalos na excursión de Fin de Curso.

Logo de máis de dous meses, aínda eses cartos non foron recibidos polos responsables das comparsas. Neste tempo, tanto os organizadores coma a directiva do A.N.P.A., lembráronlle en varias ocasións ó Concello a necesidade dos cartos ante a inminente excursión, pero o único que recibiron a cambio, foi sempre a mesma mentira: “mañá o ingresamos”, “ó vindeiro luns o ingresamos”, “non vos preocupedes que en dous días tédelo na conta”. Incluso recibiron estas palabras de boca da mesma Nava Castro.

Na mesma páxina web do Concello pero no día 25 de Febreiro sinalan “que tódalas comparsas recibiron 200 euros en concepto de participación e o Concelleiro de Cultura valorou como un autentico éxito a participación e comprometeuse a que a súa concellería porá a disposición dos participantes mellores premios en próximas edicións.”, e no día 27 este mesmo conselleiro, Andrés Sampedro, engadiu que seguirá traballando “de cara a incentivar, aínda máis, a participación de asociacións e colectivos nesta festa tradicional”.

A A.N.P.A. do Bouza Brey considera unha grave falta de respeto o engano ó que son sometidos os alumnos participantes deste evento e reitera a súa petición ó Concello de que cumpla coas bases do concurso que eles mesmos impuxeron.