A cota deste curso é de 12€.
Para a súa comodidade e para axilizar os trámites e así evitar demoras, pregámoslle que cubra os formularios que de seguro terá xa na casa, e os meta no sobre xunto co importe da cota e a folla da actividade ou actividades escollidas.
Os que teñan máis dun fillo nesta escola, por favor metan toda esta información nun único sobre.Recollerémolos todos os días de 09:00h a 10:30h no local da A.N.P.A. Tamén se pode ingresar o importe da cota na seguinte conta de Caixanova:
2080-0056-01-0000226996, facendo constar o
nome completo do pai/nai.
Data límite: venres 25 de Setembro de 2009.