Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros e Charlas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiros e Charlas. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de maio de 2016

Actividades alternativas á reválida de 3º

Despois de solicitar ao Concello a organización de actividades lúdicas dirixidas ao alumnado de 3º de primaria para os días 24 e 25 de maio en horario de mañá, para aquelas familias que non queiran participar na reválida e teñan complicada a conciliación laboral/familiar INFORMAMOS que a Concellería de Ensino, P.C. e Rexime Interior habilitará instalacións municipais a fin de realizar as actividades que se reflexan no cadro entre as 9 e 14:30 h.

Requírese a inscrición previa no teléfono 673.794.880.


martes, 10 de maio de 2016

Actividades alternativas á reválida de 6º

Despois de solicitar ao Concello a organización de actividades lúdicas dirixidas ao alumnado de 6º de primaria para os días 11, 12 e 13 de maio en horario de mañá, para aquelas familias que non queiran participar na reválida e teñan complicada a conciliación laboral/familiar INFORMAMOS que a Concellería de Ensino, P.C. e Rexime Interior habilitará instalacións municipais a fin de realizar as actividades que se reflexan no cadro entre as 9 e 14:30 h.

Requírese a inscrición previa no teléfono 673.794.880.
 
 

luns, 11 de abril de 2016

DÍA DA ÁRBORE NO CEIP FERMÍN BOUZA BREY



O pasado venres 8 de abril, o alumnado do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas celebrou o Día da Árbore plantando unha por curso nos xardíns do centro.

Este evento, organizado pola ANPA Tea, contou coa colaboración do Servizo Forestal do Condado - Paradanta, que acudiu a ensinarlles ás rapazas e rapaces da escola como se planta unha árbore e darlles unha charla sobre o entorno e como coidalo.

A directiva da ANPA, mercou sete árbores -unha por cada curso de primaria máis outra para educación infantil- que tiñan que cumprir algunhas das seguintes características: ser unha árbore autóctona, froiteira e dar o froito durante a tempada escolar. Estas condicións son necesarias para que a rapazada non se quede só na plantación, senón que tamén poida seguir os pasos do crecemento da súa árbore a medida que van estudando na aula o proceso, e por suposto, que recollan e saboreen o froito do que coidaron. Así, os cativos e cativas de educación infantil posúen xa unha arandeira, o alumnado de primeiro ten un mandarineiro, o de segundo unha ameixeira, o de terceiro unha amendoeira, o de cuarto unha maceira Urraca, o de quinto unha maceira Tabardilla e o de sexto unha pereira común. Logo da plantación, cada grupo gozou dunha interesante charla sobre os nosos bosques adaptada a cada marxe de idade.

Hai que ter en conta que cada grupo conta cun número de entre 55 e 88 alumnos/as, co que resulta complicado organizar calquera actividade neste centro, pero contamos cun alumnado que se comporta de xeito inmellorable e iso facilita moito esta labor. Por este motivo -o elevado número de alumnado- e porque contamos cun espazo limitado, soamente contamos cunha árbore por curso.

A ANPA Tea agradece a colaboración de Fontán Plant de Covelo, que asesorounos e regalounos unha das árbores; ao Distrito Forestal XVII e máis concretamente a Pablo, Rafa, Berto e Mario, que gañáronse á rapazada ensinándolles a plantalas, e a José e Laura pola interesante charla; e ao profesorado do centro por estar sempre disposto a participar destas actividades.

xoves, 26 de novembro de 2015

DEBATE SOBRE VIOLENCIA MACHISTA NO CEIP FERMÍN BOUZA BREY




O alumnado de 5º e 6º de primaria ven de participar os días 25 e 26 de novembro, nun debate sobre violencia machista organizado pola ANPA Tea en colaboración co centro. 

Co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, dende a asociación de nais e pais, consideran moi importante que as rapazas e rapaces teñan dende xa moi clara a importancia deste tema e coñezan conceptos que lles axuden a detectar comportamentos machistas que poden darse incluso nos centros de estudo. 

Para isto, contaron coa colaboración de dous estudantes formados no tema, Ángela e Pablo, que guiaron e moderaron ás nenas e nenos para que pensaran e chegaran por sí mesmas a unhas conclusións axeitadas dacordo coa súa idade.

xoves, 9 de outubro de 2014

Escola de Nais e Pais


Obradoiro dirixido a pais e nais que queiran asesorarse e informarse sobre distintos aspectos relacionados coa educación dos seus fillos/as: 

  • Como educamos?
  • Como pór limites e normas.
  • Como comunicarnos mellor cos nosos fillos/as.
  • Como mellorar a súa autoestima.
  • Aqueles temas que nos preocupen e/ou interesen.


ORGANIZA:
Departamento de Prevención de Drogodependencias e Trastornos adictivos
Concellería de Servizos Sociais
CONCELLO DE PONTEAREAS
DÍAS: 
venres 7,14,21 e 28 de novembro e 5 de decembro 2014. (5 sesións)
HORARIO: 10:00 A 11:30 horas.
Lugar e inscricións: Centro de Servizos Sociais. Concello de Ponteareas
Teléfono: 986641747 (Psicóloga: Isabel Romero)
DATA LIMITE DE INSCRICIÓN: 31 DE OUTUBRO 2014