Cuberta

2015:

Novas do concello
Como todas sabemos, este curso tampouco temos no CEIP Fermín Bouza Brey un patio cuberto. Este patio cuberto leva pedíndose dende o ano 2000, e incluso en 2008, xa o Servizo de Inspección Provincial facía chegar á Xunta a necesidade do mesmo. Na primeira asemblea de familias asociadas que celebrou a ANPA Tea este curso, o 30 de setembro de 2015, estivo convidada a actual concelleira de educación, Cristina Fernández. Alí explicou ás familias que este curso tampouco temos o patio cuberto por desacordos coa empresa en relación ao presuposto, aínda que reafirmou o seu compromiso de que se fará para o curso 2016/2017 sen excepción. Sabemos que para a súa construción, hai que contar cuns prazos e cunha boa comunicación coa empresa encargada de levala a cabo. 
Por outra banda, concelleiros do goberno aseguraron que o concello non convocou  a empresa para asinar a acta de replanteo, non se sabe se por erro, indiferenza ou inexperiencia.

Qué é un acta de replanteo e por que é tan importante?
O comezo efectivo das obras de execución formalízase mediante un documento escrito que se denomina 'acta de replanteo e comezo de obra'.

A acta de replanteo e comezo de obra, ha de ser asinada obrigatoriamente polo arquitecto como director de obra, polo aparellador ou arquitecto técnico como director da execución da obra, polo promotor e polo construtor.

Aínda que non o indica a lei, é conveniente que o acta de replanteo e comezo de obra, tamén sexa asinada polo coordinador de seguridade e saúde durante a execución da obra.
A partir da sinatura da acta de replanteo, a obra pode dar comezo ao quedar constancia de que todos os axentes intervintes están decatados e conformes.

En caso de figurar no contrato un prazo preestablecido para a execución dos traballos, a data que servirá para empezar a contalo será a indicada no acta de replanteo e comezo de obra.

E esta data tamén será a que se utilice no seu caso, para determinar as penalizacións por incumprimento dos prazos de execución que se acordaron.



2016:

En xaneiro, solicitamos ao concello, información sobre este tema e chegamos a facer unha intervención plenaria poñendo de manifesto a nosa preocupación polo cumprimento dos prazos. A resposta por escrito do alcalde foi a seguinte:


O día 10 de maio de 2016 ás 12:00 horas, acudimos a unha xuntanza coa concelleira de urbanismo Dna. Mª Jesús Garrote. 

O fin da devandita xuntanza consistía en recompilar información sobre a situación do expediente que sobre a obra de construción do patio cuberto e pista polideportiva para o centro escolar, se cursa no consistorio.

Segundo indícanos a concelleira, uns días antes recibira vía e-mail a resolución da Deputación, dando o visto e prace ás modificacións que se solicitaron. Asímesmo asegura que sen este documento non se pode comezar co proceso de concurso e adxudicación de obra.

Dado o axustado dos prazos, o pasado luns día 9, levouse a Xunta de Goberno, solicitando á secretaria que comece cos pregos de condicións e demais documentación para o seu traslado ás empresas interesadas. Infórmanos que xa existían uns borradores dos mesmos, correspondentes ao concurso errado do ano pasado, e que, segundo a secretaria só quedarían por introducir as modificacións posteriores, polo que estarían listos ao longo do que queda da devandita semana.

Se isto é así, durante os seguintes 7-10 días, entregaríase a documentación ás empresas interesadas. Ao chegar a este punto coméntanos a concelleira que xa hai un par de empresas que mostraron interese.

Segundo indíca, para mediados do mes de xuño, xa deberían determinar a empresa que se fará cargo das obras, pois unha vez que estas presentaron as súas propostas, nuns 5 días máximo e tras a reunión pertinente, adxudican a obra. A propia concelleira ofrécese a chamarnos cando xa haxa unha empresa adxudicataria.

Durante a xuntanza reiteróuselle varias veces a preocupación polos prazos de execución da obra, (menciónase a nota de prensa na que se dá a entender que levan atraso) e en todas as ocasións indíca que van en prazo, que con ter o replanteo o día 23 de xuño, a empresa xa pode empezar a traballar. É dicir que o día 23 de xuño deberían comezar as obras.

Así mesmo asegura que nas condicións, inclúese expresamente como data de fin de obra setembro, antes de que o alumnado empece o curso. Con todo, tamén informa que, se a parte da obra que implica maquinaria pesada xa terminou na devandita data pero quedasen pendentes actuacións -por exemplo a instalación eléctrica- non se insistiría moito desde o concello para cumprir o prazo de setembro, posto que o prazo disposto pola deputación para finalizar a obra é o 31 de decembro de 2016, iso si, indicounos que instarían á empresa a que devanditos traballos pendentes se realizaran en horario de tarde.

Ningún comentario: