mércores, 13 de marzo de 2013

Velorio pola EDUCACIÓN PÚBLICA


 
A Asociación de Nais e Pais Tea a través da FANPO (Federación de ANPAs de Centros de Ensino Públicos de Ponteareas) ante a gravísima situación actual dos salvaxes recortes na educación pública e a ante a intención do goberno central en Madrid da implantación da LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa):

CONVOCA:

A todas as familias e ao alumnado, persoal docente e a toda a Comunidade Educativa de Ponteareas e a súa Comarca, a sumarse á CONCENTRACIÓN-VELORIO de protesta que convocamos o vindeiro martes 19 de marzo, a partires das 7 da tarde diante da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de que masivamente fagamos unha protesta firme ante a situación que atravesa o noso sistema de ensino público.

A Comunidade Educativa esiximos:
  1. O cesamento fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo.
  2. A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE.
  3. A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino público.
  4. E a apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar, entre todos, o consenso necesario para mellorar, de verdade, o ensino público.
Facemos un chamamento especial ás familias para que acudan sen ningunha vacilación a fin de reclamar e defender os dereitos do alumnado. Non queremos unha xeración sen futuro.

Asistamos de luto e con velas como require a ocasión!