- Grazas a todos os pais e nais asistentes por facela posible.
- Grazas ao resto de ANPAS tanto de colexios coma de institutos, por estar ao noso carón nesta loita.
- Grazas a todos os colectivos e partidos políticos que se posicionaron públicamente na mesma opinión ca nós.
- Grazas aos medios de comunicación por facerse eco das nosas reivindicacións.
A todos, vos decimos que isto non fixo máis que comezar. A ANPA Tea ten agora a tarea de supervisar o colexio durante ás vacacións, para coidar que se faga o prometido e que non se faga o que non queremos.
Temos uns meses máis relaxados pero non sabemos o que imos atopar en setembro. Seguiremos informandovos das novas que vaian surxindo.
Se alguén quere recibir esta información, que nos escriba ou nos envíe un correo-e.
Non pechamos por vacacións.
E sobor de todo: NON NOS MIRES, ÚNETE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario