venres, 28 de maio de 2010

Convocatoria concentración

O vindeiro venres 4 de xuño de 2010 ás 09:30, os pais e nais do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey, encabezados pola A.N.P.A. Tea, faremos unha concentración diante da Casa do Concello en Ponteareas, reivindicando unha solución inmediata ao problema de masificación e falta de mantemento que sofre este centro dende fai anos.

Convocamos a asistencia de todos aqueles colectivos, sindicatos, partidos políticos ou calquera outra organización social que queira solidarizarse con nós ou adherirse á nosa causa.

Calqueira dúbida ou aclaración, pregamos faganola chegar por medio do noso correo electrónico ou teléfono.

Ningún comentario: