sábado, 8 de maio de 2010

Concentración protesta.

Hoxe ás 18:30, os pais e nais de alumnos do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey, faremos unha concentración na rotonda das bicis en Ponteareas, reivindicando unha solución inmediata ó problema de masificación e falta de mantemento que sofre este centro.
Esta decisión foi tomada en Asemblea Extraordinaria por maioría absoluta.
A concentración será de carácter pacífico e en silencio por respeto ós nenos e nenas que asistirán á inauguración da rotonda que terá lugar nese mesmo intre promovida polo Clube Ciclista de Ponteareas. Tan só portaremos carteis reivindicativos de cara ós medios informativos que acudan.
Non terá carácter de convocatoria oficial, por ser un acto público ó que poden asistir todolos cidadáns que o desexen.

Ningún comentario: