Compartimos arquivos informativos sobre as Ordes da Consellería de Educación sobre a xestión de axudas para libros de texto de 1º, 2º, 4º e 6º de primaria; e o banco de libros para 3º e 5º de primaria.
Nestes documentos, facilitados pola Federación de ANPAs de Pontevedra (FANPA) e a Confederación Anpas Galegas, exponse a casuística pola que un neno/a podería quedar sen libros do fondo de libros, aínda que cumprise os requisitos de renda do cheque, ademáis de explicar polo miúdo cada orde cos inconvintes que supón cada unha das mesmas.
Supostos nos que o teu fillo/a pode quedar sen libros. |
Comentarios á Orde de creación do Banco de Libros. |
Comentarios á Orde de Axudas para Libros. |
Dende a ANPA Tea, apoiamos totalmente a reivindicación da gratuidade de libros e material para todo o alumnado dos centros públicos é consideramos este sistema un malgasto de cartos públicos e unha fonte de conflitos nos centros, tanto para o alumnado e as familias como para o equipo directivo e profesorado.
Por todo o exposto pedimos a vosa participación na concentración que terá lugar o vindeiro luns 15 de xuño ás 20:00 diante da casa do Concello.
Por todo o exposto pedimos a vosa participación na concentración que terá lugar o vindeiro luns 15 de xuño ás 20:00 diante da casa do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario