Estimado socio:
Coma seguramente xa saberás, aqueles funcionarios que opten por figurar nunha lista electoral coma candidatos, teñen dereito a quince días de permiso de traballo.
Nesta campaña electoral que comezou onte, dous mestres do noso centro solicitaron esta licencia. Un deles é de Educación Infantil e outro é de Segundo Ciclo.
A Consellería de Educación concedéulles o permiso pero, paradóxicamente, non vai cubrir eses postos con mestres de sustitución. Debido a isto, eses rapaces van estar todo ese tempo sen recibir o seu temario. Terán aos mestres de garda que estén libres en cada unha das horas do día, durante os quince días.
Nós consideramos inadmisible que durante medio mes o alumnado non reciba clases cun mestre único nas materias que son impartidas polo titor.
Consideramos asimesmo que debemos informarvos disto para que saibades que segundo a Constitución, nosos nenos teñen dereito a unha educación digna, dereito que a Consellería de ¿Educación? non lle parece que teña que protexer nin respetar.
Esta ANPA pensa tomar as medidas que dentro da súa capacidade, lle sexan posibles, aínda que vos facilitamos algúns teléfonos de interese por se queredes protestar de forma individual, cos nomes e apelidos dos responsables:
Atentamente
Xunta Directiva

- Consellería de Educación (Xesús Vázquez Abad): 981.545.460
- Xefatura Territorial (César Augusto Pérez Ares): 986.805.900
- Inspección de Educación (Gonzalo Fernández): 986.817.543
Atentamente
Xunta Directiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario