Nesta semana os membros da ANPA comezaremos unha rolda de reunións polas parroquias de Ponteareas co obxectivo de informar aos pais e nais que lles resulta máis difícil desplazarse ao centro.
Comezaremos hoxe en Areas (Casa da Cultura), o mércores nos pasaremos por Moreira (Rectoral) e remataremos en Xinzo (Casa da Cultura).
Todas as reunións serán ás 20:00h.
O tema principal será a situación actual do centro, aínda que se temos tempo, atenderemos outros temas que se consideren importantes.
Pregamos difusión para que ninguén se quede sin esta información que consideramos moi importante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario