Como non podía ser de outra maneira, o colexio Fermín Bouza Brey de Ponteareas deu a benvida a este novo curso 2010-2011 coas pistas de deporte pechadas cun precinto.
O lamentable estado das pistas, cheas de buratos e fendiduras, podería provocar que os rapaces da escola romperan unha perna ao xogar enriba delas.
Ao remate do pasado curso, estas pistas eran unha das poucas zonas do centro que estaban en bo estado e non requerían ningún tipo de arranxo... cousa que o tenente de alcalde, Sr. González Carrera, corrixiu rápidamente.
Estas pistas, ao igual que a totalidade das instalacións exteriores do centro, foron explotadas como aparcadoiro público durante as festas do Corpus por este político sen escrúpulos que ignorou a prohibición da Comunidade Educativa do centro e maila Consellería de Educación de utilizar a escola con fins lucrativos.
A enorme cantidade de automóviles que, previo pago de 2 € cada un, aparcaron nas pistas durante máis de 24h. que duraron as festas, favoreceron que o cemento rompera por todos lados.
O parcheado das pistas se realizou estando xa o curso comezado, pero aínda o tenente de alcalde non deu explicacións da finalidade dos cartos gañados cos aparcadoiros do Corpus, algo que os pais e nais de alumnos levan reclamado dende as festas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario