luns, 28 de decembro de 2009

Moción no Concello.

Hoxe ás 20:00, celebróuse no Concello de Ponteareas un pleno ordinario no que se tratou o tema da situación do noso centro escolar.

Nesta moción preséntanse para o Parlamento de Galicia, dúas enmendas os orzamentos da Xunta, no que se refire a Educación en Ponteareas:
  1. Construcción dun novo C.E.I.P.
  2. Construcción de pistas cubertas en Centros de Educación.
Tamén, e despóis de expoñer os problemas que sofre o centro, propóñese ao pleno a adopción dos seguintes acordos:
  1. Instar á Consellería de Educación unha reforma integral do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey.
  2. Instar á Consellería de Educación á construcción dun novo C.E.I.P.
  3. Instar ao Concello de Ponteareas a realizar o mantemento deste centro de maneira rigurosa, para que cumpran as condicións mínimas de salubridade.

No momento da votación, os membros asistentes de UCPA (Unión Condado Paradanta) e PP (Partido Popular), sendo maioría no Concello, votaron en contra desta moción.
Queda así de manifesto, o interese que teñen os responsables do estado do colexio en mellorar a situación deste.
Queremos destacar a gran contribución do Sr. Solla e o Sr. Carrera ó lamentable estado da escola, á que, ademáis de non mantela, votan en contra de realizar dito mantemento.

Dende logo, unha gran broma pesada digna do día de hoxe, o día dos Inocentes. Só que hoxe, os inocentes son os nenos do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey.

Ningún comentario: