luns, 2 de novembro de 2009

Situación actual do centro.





Como A.N.P.A. vémonos na responsabilidade de informar ós pais e nais de alumnos do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey, do lamentable estado de deixadez e deterioro no que se atopa este centro.

Tras falar en repetidas ocasións cos que, en cada momento, foron responsables de estas cuestións no Concello, e vindo a indiferenza con que se toman este grave problema, sentímonos obrigados a tomar outro tipo de medidas que, confiamos, chamen a atención dos nosos políticos.

Estas son somentes algunhas das deficiencias do centro:

· Electricidade:
  • A instalación eléctrica foi declarada non apta.
  • A luz vaise constantemente.
  • Moitos dos enchufes non funcionan ou están rotos.
  • Os proxectores están sin estrear por falta de enchufes nas aulas.
  • O Concello asegurounos un proxecto moi costoso (miles de euros) para arreglar a instalación eléctrica. Só cambiou os cadros eléctricos.
· Saneamento:
  • Necesítase unha reforma integral de saneamentos.
  • Os inodoros desbórdanse constantemente dende fai tres anos como mínimo.
  • O cheiro é continuo en baños e aulas adxacentes.
  • Os bombeiros viñeron dúas veces en poucos días por inundacións de augas fecais que chegaron ata un aula de 2º.
  • Houbo un derrame de augas fecais polo teito da biblioteca.
  • O Concello non facía nada excusándose en que non sabían onde estaban as arquetas. Facilitóuselles un plano en Marzo e comprometéronse a telo feito en verán. Non fixeron nadiña.
· Limpeza:
  • Somentes hai dúas mulleres da limpeza. Unha delas só durante tres horas ó día.
  • O protocolo da GRIPE A non se cumple en canto á limpeza
  • Non se pode airear.
  • Non hai limpeza exhaustiva.
  • Ninguén limpa nas horas lectivas, isto é, se un neno vomita ás nove da mañá, a suciedade queda alí ata que veñan as limpadoras pola tarde.
· Outros:
  • O edificio perde calor.
  • Póñense deshumidificadores nas aulas pola noite.
  • Os canlóns están rotos e/ou atorados.
Tras ler sobor destas grandes deficiencias, esperamos a súa colaboración en todas e cada unha das medidas que poremos en práctica o antes posible.

Pensamos que todos os pais e nais deberían ter interés en todo aquelo que afecte á educación e sobor de todo, á saúde dos nosos fillos e fillas.

Ningún comentario: