luns, 27 de maio de 2013
venres, 10 de maio de 2013
ÉXITO DE SEGUIMENTO DA FOLGA XERAL DE ENSINO NO CEIP FERMÍN BOUZA BREY
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as Tea do maior centro público de primaria de Ponteareas, celebra o éxito da xornada de folga no Ensino que se vivíu onte na vila.
Este centro, que conta actualmente con case 600 nenos e nenas, tivo unha porcentaxe dun 87% de cativos que non asistiron á clase. Datos que poderían aplicarse ao resto de centros de ensino público de Ponteareas, onde a maioría do alumnado secundou a folga.
Isto tradúcese no total rexeitamento colectivo das nais e pais a acatar a lei imposta e discriminatoria do ministro Wert, a LOMCE.
A Anpa Tea traballou arreo co obxectivo de que ningún pai e ningunha nai deste centro quedara sen saber en qué consiste esta lei e cómo vai afectar as súas vidas e ás dos seus fillos e fillas. Deste xeito, informouse de todas as formas posibles dende a directiva, incluíndo charlas nas asembleas por parte de profesionais na materia.
Pola contra, valórase non tan positivamente que somentes 10 mestres e mestras secundaran a folga, dos 40 aproximadamente cos que conta este centro.
Asemade, a manifestación convocada pola tarde pola Federación de Nais e Pais de Centros Públicos de Ensino de Ponteareas (FANPO) voltou ser un gran éxito de asistencia, cunha marea de xente que ocupaba varias rúas á vez ante as caras atónitas dos e das que preferiron sentarse nas terrazas a esperar a que os que sí se mobilizan polo que consideran inxusto, lles defendan os seus dereitos.
Por todo isto a directiva da ANPA Tea quere agradecer ás nais, pais, mestres, mestras, alumnos e alumnas concienciados/as coa defensa do Ensino Público, a dura loita que están levando a cabo e que é un grande exemplo para todos. E tamén que SÍ PÓDESE, xa que hoxe recibimos con alegría a nova de que aprázase a aprobación da LOMCE e temos moi claro que, aínda que dende o goberno non o recoñezan, foi grazas á mobilización destas persoas.
luns, 6 de maio de 2013
9 de Maio - FOLGA XERAL de toda a COMUNIDADE EDUCATIVA
![]() |
| Pica na imaxe para vela no seu tamaño orixinal |
O xoves 9 de maio, está convocada unha xornada de folga contra a LOMCE (Ley Orgánica de Mejora de la Calidad de la Educación). A ANPA Tea, apoiará esta FOLGA TOTAL DO ENSINO, convocada a nivel estatal polos sindicatos maioritarios nacionais e galegos, polo sindicato de estudantes, e a Confederación de ANPAS estatal (CEAPA). Tamén haberá unha manifestación para ese mesmo día ás 19.30 horas que sairá da Casa do Concello de Ponteareas e percorrerá as rúas principais da vila.
A Anpa Tea pide a máxima mobilización por parte dos pais e nais, apoiando esta xornada de folga e procurando non mandar os nenos e nenas á escola. Organiza colectivamente o coidado dos cativos que non asistirán a clase.
Defende a Educación dos teus fillos e fillas.
A Anpa Tea pide a máxima mobilización por parte dos pais e nais, apoiando esta xornada de folga e procurando non mandar os nenos e nenas á escola. Organiza colectivamente o coidado dos cativos que non asistirán a clase.
Defende a Educación dos teus fillos e fillas.
A LOMCE
A Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) responde a un modelo ideolóxico conservador, que non cre na igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas nin na educación como instrumento de ascenso social das clases máis desfavorecidas, e para o cal a atención á diversidade é canto menos unha frivolidade. Ese modelo avoga pola superación da crise da man da eliminación do público e os recortes en educación. Desde este enfoque é practicamente imposible a redución das taxas de fracaso escolar ás que di querer combater o ministro Wert.
A diagnose é débil e claramente ideolóxica. E as medidas que o Goberno propón para atallar o fracaso escolar tamén son receitas do pasado, e que demostráronse inútiles pola experiencia e a investigación educativa: adianto da separación do alumnado aos 14 anos, reválidas ao finalizar cada etapa, repetición de curso, sometemento á presión do exame, etc.
Promóvese a privatización coa xestión en clave empresarial dos centros educativos, así como co transvase de alumnado desde a escola pública cara á privada, con e sen concerto. Foméntase a competitividade entre estes e a súa especialización ata pola tipoloxía do alumnado, o que fará que os centros con mellores resultados reciban maior financiamento e non como se debese de facer, precisamente os centros onde o alumnado teña maiores dificultades é onde o investimento ha de ser maior para compensar as desigualdades sociais e que o alumnado pertencente a contornas sociais máis desprotexidos teña as mesmas oportunidades.
Esta Lei, se finalmente resulta aprobada, será moi lesiva para o sistema educativo español porque nos devolverá á escola do pasado, esa que estaba en mans de entidades privadas, a maioría organizacións relixiosas católicas, e cuxo resultado obtido durante catro décadas era unha escola de calidade para uns poucos, a expulsión do sistema educativo de forma temperá da maioría da sociedade, a incultura como etiqueta asociada ao noso país, e un atraso histórico inaceptable que só con todo o realizado desde que vivimos en Democracia fomos capaces de eliminar case na súa totalidade.
POR QUÉ NON DEBEMOS ACEPTAR A LOMCE
- É unha reforma mercantilista.
- Converte a educación nunha carreira de obstáculos con múltiples reválidas.
- Reduce a carga lectiva a uns contidos mínimos.
- Opta pola recentralización e control do currículo pola Administración.
- É clasista e segregadora a través de itinerarios selectivos e temperáns.
- Somete aos centros ás esixencias do mercado competitivo, clasificándoos en rankings.
- Recorta o financiamento en función dos resultados.
- Aposta pola xestión empresarial dos centros públicos.
- Socava a participación democrática da comunidade educativa nos centros.
- Fomenta o negocio educativo e “legaliza” os concertos con centros que discriminan por razón de sexo.
- É unha ofensiva contra o galego que deixa a lingua propia como residual no ensino.
- Rescata unha alternativa para a materia de relixión, cedendo así ás reivindicacións da Conferencia Episcopal.
luns, 29 de abril de 2013
Campamento de Verán
A ANPA Tea do CEIP Fermín Bouza Brey organiza un campamento en horario de mañán no propio centro. As inscricións poden ser por mes completo ou por quendas. O grupo mínino será de 15 nenos e nenas.
IDADE:
DURACIÓN:
- de 3 a 12 anos.
HORARIO:
- do 1 ao 31 de xullo (en dúas quendas).
ACTIVIDADES:
- de 09:00 a 14:00
TARIFAS:
- obradoiros de reciclaxe creativa
- obradoiros medioambientais
- xogos tradicinais
- actividades circenses
- clown
- xogos de auga
- cociña creativa
DESCONTOS:
- 110€ por mes completo
- 55€ por quenda.
DATA LÍMITE INSCRIPCIÓN:
- mes completo: 10€ por unidade familiar.
- quenda: 5€ por unidade familiar.
INGRESOS NA CONTA:
- 27 de maio
- 0182/1395/14/0201531398.
- facer constar no ingreso nome e apelidos do alumno/a.
SOMENTES PARA CENTROS PÚBLICOS DE PONTEAREAS
mércores, 10 de abril de 2013
Fotos de finais de ciclo
Informamos ás nais e pais do alumnado de 4º e 6º de primaria que a sesión de fotos organizada pola ANPA Tea non seu levou a cabo pola negativa do profesorado de ditos cursos.
Os argumentos esgrimidos para esta negativa foron:
- É unha actividade discriminatoria.
- É en beneficio a unha empresa privada.
Ante isto, a ANPA Tea lembrálle que o fotografo é o mesmo que fai as camisetas de fin de curso de sexto dende hai varios anos e a excursión de fin de curso de 6º organizada polo profesorado é cunha empresa privada.
Levaremos este tema a Consello Escolar para insistir na colaboración entre proxenitores e profesorado.
mércores, 13 de marzo de 2013
Velorio pola EDUCACIÓN PÚBLICA
A Asociación de Nais e Pais Tea a través da FANPO (Federación de ANPAs de Centros de Ensino Públicos de Ponteareas) ante a gravísima situación actual dos salvaxes recortes na educación pública e a ante a intención do goberno central en Madrid da implantación da LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa):
CONVOCA:
A todas as familias e ao alumnado, persoal docente e a toda a Comunidade Educativa de Ponteareas e a súa Comarca, a sumarse á CONCENTRACIÓN-VELORIO de protesta que convocamos o vindeiro martes 19 de marzo, a partires das 7 da tarde diante da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de que masivamente fagamos unha protesta firme ante a situación que atravesa o noso sistema de ensino público.
A Comunidade Educativa esiximos:
Asistamos de luto e con velas como require a ocasión!
CONVOCA:
A todas as familias e ao alumnado, persoal docente e a toda a Comunidade Educativa de Ponteareas e a súa Comarca, a sumarse á CONCENTRACIÓN-VELORIO de protesta que convocamos o vindeiro martes 19 de marzo, a partires das 7 da tarde diante da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de que masivamente fagamos unha protesta firme ante a situación que atravesa o noso sistema de ensino público.
A Comunidade Educativa esiximos:
- O cesamento fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo.
- A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE.
- A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino público.
- E a apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar, entre todos, o consenso necesario para mellorar, de verdade, o ensino público.
Asistamos de luto e con velas como require a ocasión!
luns, 25 de febreiro de 2013
Perigos de Interenet
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos TEA do CEIP Fermín Bouza Brey, ten o gusto de convidalos á Charla “Perigos de Internet” que se celebrará hoxe
Luns, 25 de febreiro de 2013, ás 19.00 h. no Salón de Actos do IES “Val do Tea” de Ponteareas.
A charla será impartida por D. Gonzalo Sotelo, Responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Diplomado en Policía Xudicial e Profesor Asociado da Universidade de Vigo.
Resaltamos a importancia deste tema tanto para proxenitores como para o alumnado que comeza a utilizar regularmente as redes sociais.
Luns, 25 de febreiro de 2013, ás 19.00 h. no Salón de Actos do IES “Val do Tea” de Ponteareas.
A charla será impartida por D. Gonzalo Sotelo, Responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Diplomado en Policía Xudicial e Profesor Asociado da Universidade de Vigo.
Resaltamos a importancia deste tema tanto para proxenitores como para o alumnado que comeza a utilizar regularmente as redes sociais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








