domingo, 23 de decembro de 2012
venres, 21 de decembro de 2012
Premios concurso de debuxo "O mellor do Nadal"
A ANPA Tea entregou na festa de Nadal dos días 19 e 20 de decembro, os premios aos gañadores e gañadoras do concurso de debuxo "O mellor do Nadal".
1º CICLO
![]() |
4º premio: xogo didáctico SUMAS E RESTAS
|
BRAIS BARROS ALFONSO (1ºB)
![]() | |
| 3º premio: xogo didáctico LECTRÓN ESPAÑA |
JANET GÓMEZ BARROS (2ºD)
![]() |
| 2º premio: xogo didáctico TETRIS BLOCKS |
CLAUDIA PORTO FERNÁNDEZ (1º C)
![]() |
| 1º premio: xogo de mesa PARTY DISNEY |
PAULA RICÓN CARBALLIDO (2º A)
2º CICLO
![]() |
| 4º premio: xogo de mesa SKETCHY |
MOISÉS GARCÍA LORENZO (4º A)
![]() |
| 3º premio: xogo didáctico CONECTOR XEOGRAFÍA |
LARA RODRÍGUEZ LASO (4º A)
![]() |
| 2º premio: CRISTALCEFA |
ALBA CASTRO GROBA (4º C)
![]() | |||
| 1º premio: xogo Educa Touch PLANETA TERRA |
IRIA GONZÁLEZ COVELO (3º C)
3º CICLO
![]() |
| 4º premio: xogo de mesa RUMMY |
LUIS DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ (6º B)
![]() |
| 3º premio: MP3 |
CRISTIAN SOUSA VIDAL (5º D)
![]() |
| 2º premio: MP5 |
ALAI MERINO ECHAVE (6º C)
![]() |
| 1º premio: TABLET |
LAURA COLLAZO SOUTELO (6º B)
O noso agradecemento ao xurado formado por: Gloria, Beatriz, Elena, Yolanda e Eva.
martes, 18 de decembro de 2012
Remata a campaña "Turrón para tod@s"
O derradeiro 26 de novembro, a Asociación de Nais e Pais Tea, comezou unha campaña de recollida de doces de nadal en colaboración co Centro de Servizos Sociais de Ponteareas. Recolléronse doces no CEIP Fermín Bouza Brey durante oito días baixo o lema "Turrón para tod@s".
A campaña tivo unha gran acollida e o día 17 de decembro se entregaron no local de Servizos Sociais.
A ANPA Tea agradece a solidariedade mostrada polos cativos e os seus pais e nais nestes tempos de necesidade.
Grazas e felices festas.

| Entrega de doces no Centro de Servizos Sociais |
Grazas e felices festas.
mércores, 5 de decembro de 2012
Xornada Estatal de Loita 13D
Arrincamos un curso escolar que superou con fartura os peores prognósticos e chegou o momento de que alumnos e alumnas, nais e pais, ademais de seguir realizando mobilizacións conxuntas co resto da Comunidade Educativa, elevemos as nosas voces para dicirlle ao Goberno Central, e ao Autonómico que seguimos a nosa senda, que chegamos ao momento de non retorno e que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida de retroceso máis.
O alumnado e as súas familias están soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos alumnos e alumnas por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a tomar.
Sobran os motivos, pero queremos resaltar especialmente que o alumnado e as familias mobilizámonos conxuntamente porque:
- Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está cansada de que cada novo Goberno se empeñe en modificar a lexislación educativa, máxime se, como ocorre agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
- Non aceptamos que se nos minta para xustificar unha reforma do sistema educativo terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos fiables e contrastados.
- Non aceptamos que se desmantele a educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando os fondos públicos para financiar entidades privadas, moitas de dubidosa legalidade, que ata se atreven a vulnerar a Constitución coa conivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
- Non aceptamos que haxa nenos e nenas que pasen fame nos centros educativos, máxime tendo en conta que contribuíu a iso que determinados responsables políticos decidan retirar as axudas ás súas familias xusto cando en tan só dous anos a cifra de pobreza infantil en España creceu un 10%, incremento que é consecuencia do acoso e derriba ao que están sometidos os dereitos de tódolos cidadáns.
- Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e as familias, incrementándose e mesmo creando novas taxas, incumprindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións, chegando a ser habitual que os nenos non dispoñan dos libros de texto e o material curricular necesario para exercer o seu dereito ó ensino.
- Non aceptamos que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan insultando ao profesorado, que goza do noso respaldo e do alumnado co que conviven diariamente, nun ataque sen precedentes á figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos casos coma se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de pór a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
- Non aceptamos que o Goberno central, e o autonómico que secunda as súas directrices con alegría, sigan desprezando á comunidade educativa, o que demostran coas súas actuacións e coas súas manifestacións públicas. Esquécense de que son os nosos servidores e non os nosos ditadores.
- Non aceptamos que haxa centros públicos ou concertados que impartan a escolarización completa somentes en castelán nin que o Estado pague con fondos públicos a escolarización en centros privados daqueles alumnos que queiran recibir educación en español. Este borrador é unha ofensiva contra o galego que deixa a lingua propia como residual no ensino.
- Non aceptamos que se rescate unha alternativa para a materia de Relixión, cedendo así ás reivindicacións da Conferencia Episcopal, que pretende evitar que moitos alumnos fuxan da materia. O borrador sinala que entre as materias específicas os alumnos de primaria deberán cursar ou ben Relixión ou ben Valores Culturais e Sociais, a elección dos pais ou titores. No caso de secundaria, a alternativa será entre Relixión e Valores Éticos. Na actualidade, a relixión é unha materia de oferta obrigatoria por parte dos centros e voluntaria para o alumno.
En definitiva, o alumnado e as familias dicimos "ata aquí chegamos", e esiximos:
- O cesamento fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo.
- A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE.
- A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino público.
- E a apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar, entre todos, o consenso necesario para mellorar, de verdade, o ensino público.
Deste xeito, convocamos ás familias e ao alumnado de Ponteareas e a súa Comarca a sumarse á concentración de protesta que convoca a FANPO o vindeiro 13 de decembro, ás 19.00 horas diante do Concello de Ponteareas, a fin de que masivamente fagamos unha protesta firme ante a situación que atravesa o noso sistema de ensino público.
Facemos un chamamento especial ás familias para que acudan sen ningunha vacilación a fin de reclamar e defender os dereitos do alumnado actual e futuro.
Asemade cada ANPA convocará á súa comunidade educativa (pais/nais, alumnado e profesorado), a fin de realizar protestas ou mobilizacións diante dos Centros Educativos o mesmo día 13 de decembro ás 12.00 horas.
Chegou o momento de que transmitamos unha mensaxe clara de que estas medidas chegaron ata o límite e que non estamos dispostos a que sigan por ese camiño.

luns, 26 de novembro de 2012
O Consello Escolar
Que é o Consello Escolar?
O Consello Escolar é un órgano de goberno do centro. Está composto por todos os sectores da comunidade educativa e a súa constitución é obrigatoria en todos os centros xestionados con fondos públicos.
Cada dous anos renóvanse a metade dos representantes de cada sector fóra dos representantes do Equipo Directivo que, como mínimo, estarán catro anos. O director do centro será o Presidente do Consello Escolar e o secretario terá voz pero non voto.
As decisións tomadas no Consello Escolar teñen que ser por maioría simple e en caso de empate o voto de calidade é o do Presidente. En ocasións haberá decisións que se deberán tomar por maioría absoluta ou por unha maioría de dous terzos dos integrantes do consello, estas serán determinadas polas administracións públicas.

Composición
Todos os consellos escolares dos centros públicos de ensino secundario están compostos segundo o seguinte cadro:
Todos os consellos escolares dos centros públicos de ensino secundario están compostos segundo o seguinte cadro:
![]() | |||
| (1) Un dos representantes designao a ANPA do centro. (2) Ten voz pero non ten voto. |
Funcións
As funcións do Consello Escolar recóllense na Lei Orgánica 2/2006 de Educación (LOE). A continuación marcámosvos as máis significativas.
As funcións do Consello Escolar recóllense na Lei Orgánica 2/2006 de Educación (LOE). A continuación marcámosvos as máis significativas.
- Aprobar e avaliar os proxectos.
- Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro (sen prexuízo das competencias do Claustro de profesores, en relación coa planificación e organización docente.)
- Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.
- Participar na selección do director do centro nos termos que a LOE establece. Tamén poderá propor a revogación do nomeamento do director (por maioría de dous terzos)
- Ser informado do nomeamento e cesamento de membros do equipo directivo.
- Decidir sobre a admisión de alumnos, suxeito á lexislación vixente (LOE e outras disposicións que o desenvolvan).
- Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propor, no seu caso, as medidas oportunas.
- Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.
- Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios.
- Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.
- Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.
- Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.
- Calquera outras que lle sexan atribuídas pola Administración educativa (Comunidade Autónoma).
Por que ser conselleiro/a?
Ser conselleiro/a escolar é unha forma de participar na educación podendo cambiar e defender ideas que beneficien aos teus fillos/as. É unha das formas que temos de achegarnos ao sistema educativo e non pasar como simples espectadores.
Sendo conselleiro/a podes facer que a túa voz óiase e as túas ideas déanse a coñecer, discútanse e vótense. No consello as túas ideas e o teu voto é igual de valido que o dun profesor ou un representante do concello.
Formar parte do consello escolar tamén pode ser beneficioso na túa vida persoal, xa que che axuda a tomar partido adquirindo a responsabilidade de defender os intereses de todos os estudantes.

Por qué votar?
O Consello Escolar é o máximo órgano de participación no control e
xestión do centro dos centros educativos. Nel participan todos os
sectores da comunidade educativa.
Votando podes conseguir varias cousas importantes:
Votando podes conseguir varias cousas importantes:
- Se ti elixes aos pais e nais mellor preparados ou que ti creas que van ser os mellores representantes para estar no consello escolar, sairás gañado, nel tomaranse decisións que afectarán a todo o alumnado do voso centro e a través deles chegará a vós a información do que pasa no centro.
- Os representantes que elixades poderán servir de ponte para facer chegar as vosas propostas á dirección do centro e con iso facer mellor a convivencia diaria no voso centro.
- Co voso voto debedes elixir a unha persoa que represente os intereses do colectivo de nais e pais e non os seus intereses individuais.
- Votar significa facer uso dun dereito e un deber que vós tedes, por iso debedes tomalo en serio e non facer diso un desuso.
- Elixindo ao conselleiro/a adecuado evitaredes os enganos aos pais e nais , saberedes que vós estades ben representados e que baixo calquera acontecemento, xa sexa bo ou malo teredes un representante no máximo órgano de participación do centro de ensino dos vosos fillos e fillas.
Á ATENCIÓN DOS PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS
Estimada nai, estimado pai:
Lembrámoste que o Consello Escolar é o órgano de goberno que canaliza a participación de todos os membros da Comunidade Educativa, onde se debaten e se deciden as cuestións fundamentais para o perfecto funcionamento do Centro.
Polo benestar académico do teu fillo/a non te esquezas de exercer o teu dereito ao voto.
- As eleccións dos representantes ao Consello escolar, terán lugar o vindeiro martes 27 de novembro, en horario de 9:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 18:00 h.
- Poden votar ámbolos dóus proxenitores.
Lembrámoste que o Consello Escolar é o órgano de goberno que canaliza a participación de todos os membros da Comunidade Educativa, onde se debaten e se deciden as cuestións fundamentais para o perfecto funcionamento do Centro.
Polo benestar académico do teu fillo/a non te esquezas de exercer o teu dereito ao voto.
venres, 23 de novembro de 2012
Turrón para Tod@s
Estimado pai, estimada nai:
Por mor da crise que padecemos, a ANPA Tea tomou a iniciativa de axudar a recadar doces típicos de Nadal para colaborar co Centro de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas dentro da "operación kilo" que fan durante todo o ano.
As familias interesadas poden deixar calquera tipo destes doces todos os luns dende o 26 de novembro ata o 17 de decembro (ambos inclusive) ás 9:00 nas dúas entradas principais de alumnos do centro, onde faremos a recollida algúns membros da ANPA, ou ben diretamente no Centro de Servizos Sociais sito na Rúa Oriente 8.
Sabemos que sodes solidarios/as e volo agradecemos de antemán.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)