O vindeiro luns, 3 de novembro, ás 18:30 en primeira convocatoria e ás 19:00 en segunda convocatoria, asemblea ordinaria e extraordinaria. Será no propio centro e exclusivamente para familias asociadas. Se eres destas últimas, recibiras unha circular uns días antes coa orde do día.
mércores, 15 de outubro de 2014
martes, 14 de outubro de 2014
Marchas da Dignidade
Carné de Familia Asociada
![]() |
Este carné é de mostra, o teu vai a cor. |
O carné que recibiches hoxe é para uso e disfrute da túa familia por estar asociada á ANPA Tea.
Con el, terás descontos en varios establecementos da nosa vila. Só tes que presentalo xunto co DNI nas tendas e centros que che enumeramos máis abaixo
Con el, terás descontos en varios establecementos da nosa vila. Só tes que presentalo xunto co DNI nas tendas e centros que che enumeramos máis abaixo
e terás beneficios inmediatos nas túas compras e gastos.
Lembra que o carné é válido unicamente para este curso 2014-2015.
Establecementos adheridos e descontos:
- Tattoo Barbershop (20% en nenos e nenas - 10% en adultos/as)
- Atmósfera Sport (15%)
- Polisport (15%)
- Clínica Dental Dr. C.García Álvarez (25%)
- Óptica Alemana (10% monturas - 35% lentes - lentes de balde de 0 a 8 anos)
- Centro de Actividades Silvia Taboada (10%)
- Librería Casa Pepe (5%)
- A Escola de Arte (desconto 5€/mes de 3 a 6 anos - desconto de 2€/mes de 7 a 12 anos)
- Estrada Estilismo (1€ desc. ata 6 anos - 1,50€ desc. ata 12 anos)
- Tendas Dais (10% en xoguetes de importación)
A ANPA TEA NON SERÁ RESPONSABLE DOS CAMBIOS QUE SE POIDAN PRODUCIR NESTES DESCONTOS. MÁIS INFORMACIÓN NO ESTABLECEMENTO.
xoves, 9 de outubro de 2014
Escola de Nais e Pais
Obradoiro dirixido a pais e nais que queiran asesorarse e informarse sobre distintos aspectos relacionados coa educación dos seus fillos/as:
- Como educamos?
- Como pór limites e normas.
- Como comunicarnos mellor cos nosos fillos/as.
- Como mellorar a súa autoestima.
- Aqueles temas que nos preocupen e/ou interesen.
ORGANIZA:
Departamento de Prevención de Drogodependencias e Trastornos adictivos
Concellería de Servizos Sociais
CONCELLO DE PONTEAREAS
DÍAS:
venres 7,14,21 e 28 de novembro e 5 de decembro 2014. (5 sesións)
HORARIO: 10:00 A 11:30 horas.
Lugar e inscricións: Centro de Servizos Sociais. Concello de Ponteareas
Teléfono: 986641747 (Psicóloga: Isabel Romero)
DATA LIMITE DE INSCRICIÓN: 31 DE OUTUBRO 2014
mércores, 1 de outubro de 2014
Actividades Extraescolares
A ANPA Tea busca cada ano as mellores atividades en relación calidade/prezo para telas pechadas xa en xuño.
Aínda así, cada vez son menos os nenos e nenas que participan das atividades
extraescolares non só no noso centro senon en todos os demais, é un problema xeneralizado.
E por isto que sentimos informarvos que as actividades de Inglés, Técnicas de Estudo e Animación á Lectura, Informática e as impartidas por Conforocio, non se realizarán por non chegar a un mínimo de alumnos/as en ningún dos casos.
Para calquera aclaración, non dubidedes en contactar con nós.
martes, 9 de setembro de 2014
COMUNICADO Á DIRECTIVA DA FANPO E A TODOS OS MEMBROS DAS ANPAs QUE A CONFORMAN
A directiva da ANPA Tea informa, mediante o presente comunicado, a súa baixa na Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Centros de Ensino Público das comarcas Condado-Paradanta e Louriña. Esta decisión comunícase de acordo aos seguintes puntos:
- e)/art.3º/cap.1 dos estatutos de dita federación que di: “A admisión ou separación de cada ANPA é libre e voluntaria”.
- a)/art.12º/cap.II que di que a condición de asociado pérdese: “Por vontade da ANPA asociada, por medio de acordo adoptado de conformidade os seus estatutos e comunicado formalmente”.
Todo isto sumado á descarada defensa de intereses nacionalistas en prexuízo dos que non o son. Lembremos que esta federación pertence a dúas Plataformas en defensa do Ensino Público pero que soamente se tratan iniciativas da plataforma nacionalista e non se teñen en conta as da Marea Verde, como por exemplo a da resolución aos Consellos Escolares para o mantemento dos libros de texto, presentada por nós e ignorada polo resto da directiva da federación para logo asumir a mesma iniciativa pero, desta vez, en clave nacionalista; ou a proposta de Banco de Libros da Marea Verde, tamén ignorada pola directiva desta federación. Así mesmo promóvense as reivindicacións e mobilizacións dos sindicatos nacionalistas e anímase ás ANPAs a acudir só a estes eventos.
Polo tanto, nesta ANPA estamos de acordo que a federación incumpre os seguintes puntos dos seus estatutos:
- f)/art.3º/cap.1: “Ningún asociado nin directivo pode utilizar a federación en defensa de intereses particulares e persoais ou con fins partidistas”.
- g)/art.3º/cap.1: “É independente de calquera partido político”.
Así mesmo queremos denunciar a censura á que é sometida esta ANPA dende a data da asemblea citada anteriormente na que exposmos as nosas queixas. A nosa ANPA era a encargada do grupo de correo. Sen acordo asembleario e sen avisar, se nos quitou esta responsabilidade, o sabemos porque comprobamos que de administradoras pasamos a non poder entrar na páxina web do citado grupo. Os correos que enviamos ao grupo se publican con días de atraso ou non se publican. Pedimos explicacións en varias ocasións e por diversas canles e unhas veces ignoróusenos e outras aseguráronnos que se descoñecía o problema pero que se arranxaría. Nunca se fixo. Nós, pola nosa conta, solicitamos axuda a Google, empresa que oferta este formato de correo, e respondeunos que probablemente estabamos sendo moderadas no grupo, e dicir, a persoa que administra o grupo decide se publica ou non as nosas mensaxes. De feito, “perdéronse” as mensaxes nas que falabamos da charla de Nutrición, logo rexeitada pola directiva coa alegación de que non tiñan novas nosas respecto a ese tema.
En conclusión, estamos cansas de loitar por facernos un oco na federación, queremos empregar todas as nosas forzas en seguir loitando pola educación pública e sentimos que perdemos o tempo en mil e unha cousas que non chegan a nada, non nos sentimos representadas polo afán recadatorio que vemos nas festas e que contradí o noso espírito de solidariedade cos nenos e nenas de menos recursos, non nos gusta a competitividade que se fomenta contra a ANPA Pena do Equilibrio porque non está na federación. Unidade é participación sen perder a identidade. No momento que unha ANPA corre o risco de perder a súa identidade, cando os intereses duns poucos deciden por todos, cando nos sentimos manipuladas é hora de marchar.
Desde este instante, deixamos nas vosas mans as responsabilidades que tiñamos: a representación na Comisión de Escolarización e no Consello Escolar Municipal; e a de manter o blog e as redes sociais. Sentímonos orgullosas de ter participado tan activamente.
Animamos a todos os membros das ANPAs que conforman a federación a que tomen o control e non se deixen facer, que defendan as súas posturas nas asembleas e a que levanten a man cando non estean de acordo.
Pola nosa parte, desexámosvos moita sorte e seguiremos participando en todo aquilo que teñades a ben e nos pareza xusto e limpo. E seguiremos decidíndoo todas xuntas.
mércores, 27 de agosto de 2014
Calendario Escolar 2014/2015
No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2014 ao 19 de xuño de 2015, ambos inclusive.
Períodos de vacacións
1.-Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
Períodos de vacacións
- Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos inclusive.
- Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
- Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos inclusive.
1.-Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
- 25 de novembro de 2014: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
- Do 1 ao 11 de decembro de 2014: *conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia.
- 10 de decembro de 2014: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
- 30 de xaneiro de 2015: Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
- 8 de marzo de 2015: Día Internacional da Muller Traballadora.
- 15 de marzo de 2015: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
- Do 9 ao 13 de marzo de 2015: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase no aula con xornais.
- Entre o 13 e o 30 de abril de 2015: Día do Libro.
- 7 de abril de 2015: Día Mundial da Saúde.
- 9 de maio de 2015: Día de Europa.
- Do 7 ao 17 de maio de 2015: Semana das Letras Galegas.
- 5 de xuño de 2015: Día Mundial do Medio Ambiente.
3.-Cando algunha das datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domingo, festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións establecidos no artigo 6 desta orde, a correspondente conmemoración celebrarase o día lectivo inmediatamente anterior ou posterior segundo estableza a programación xeral anual.
4. As datas ás que se refiren os puntos 1 e 2 son lectivas para todos os efectos e nelas os centros deberán organizar actividades diversas, tendentes a destacar a importancia das referidas conmemoracións.
Máis información: DOG nº 120
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)