venres, 3 de decembro de 2010

Apoio masivo nas dúas xornadas de protesta pola situación do CEIP Fermín Bouza Brey


As protestas levadas a cabo polos pais e nais do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas pódense calificar como resposta masiva. O día 30 secundaron a protesta un total de cincocentos alumnos e alumnas de 610 e o día 2 aínda foron máis: 516 que non asistiron ás clases. E isto sen contar aos rapaces e rapazas do CRA das parroquias que secundaron estas protestas cun 90% de inasistencias.

Queremos salientar o gran esforzo destes pais e nais que nun acto de gran conciencia social e colectiva, apoiaron esta protesta tendo, nalguns casos, que pedir días no traballo ou quedar cos nenos e nenas dos que non podían faltar aos seus empleos.

Queda de manifesto a convicción da maioría de colectivos de Ponteareas do necesario investimento que habería que facer en educación na nosa vila. Isto queda representado non só nestas protestas masivas e apoiadas polo resto de ANPAs, se non tamén nas resolucións tomadas nos Consellos Escolares Municipais onde quedan reflexados o resto destes colectivos.

Na reunión mantida o día 1, se chegou a un acordo sobre o cambio da orientación do aulario. Petición feita polo Concello e maila directiva do centro.

Da reforma do edificio principal, a outra esixencia por parte da comunidade educativa non se da solución inmediata, senon que nos reiteran que se fará despois do aulario e habendo cartos.
Tamén nos chamaron egoístas por non pensar que todas as escolas da provincia están nas mesmas condicións e pedir somentes para a nosa, un argumento que pon de manifesto o recoñecemento da súa propia incapacidade para sacar adiante a Educación Pública.

Soubemos que a rezonificación á que se comprometeron na primeira reunión fai xa máis dun ano, ainda non a empezaron. O Xefe Territorial volveuse comprometer a falar co Servizo de Inspección Educativa en xaneiro ou febreiro para levala a cabo e, unha vez feita, sacar unha unidade por curso ata acadar as tres liñas aceptables no centro.

A directiva da ANPA deste colexio público non considera que o acadado nesta reunión, á que nen sequera fomos invitados formalmente, vaia solucionar a curto plazo o que levamos dous anos reivindicando. Algo que dende logo non nos vai impedir reiterar o noso dereito a esixir unha educación de calidade para os nosos cativos.

Ningún comentario: