luns, 16 de febreiro de 2009

Áreas de actuación:

1-.Cultural:

Centrámonos en incentivar a lectura nos nenos e nenas de tal forma que sexa unha actividade natural e diaria na súa vida e na que haxa unha fonte de satisfacción.
Con tal fin programamos as seguintes actividades:
  • Concurso de narrativa.
  • Funcións de teatro.
  • Agasallo dun libro no Nadal a cada neno e nena.
  • Clases extra escolares de informática a través da F.A.N.P.A. (Federación de A.N.P.A.s).
2-.Artística:

Co fin de ofrecerlle ós nenos e nenas a posibilidade de desenrolar este aspecto, organizamos clases extra escolares de:
  • Música.
  • Pintura.
  • Manualidades.
Ademais organizamos un concurso de pintura entre tódolos nenos e nenas do colexio.

3-.Deportiva:

Ofrecendo ós rapaces e rapazas a posibilidade de iniciarse ou perfeccionarse naqueles deportes que máis lles gustan, da man dun monitor.
Organizamos para isto clases de:
  • Natación.
  • Kung-fu.
  • Ximnasia artística.
  • Baloncesto.
  • Bádminton.
  • Fútbol.
  • Patinaxe.
Tamén contamos con clases de ese deporte da mente chamado xadrez.
Para os pais e nais hai clases de:
  • Ximnasia
  • Natación.
  • Bádminton.
4-.Natureza ~ Ecoloxía:

Co fin de concienciar ós nenos e nenas da necesidade de vivir en harmonía coa natureza, levamos a cabo as seguintes actividades:
  • Inculcar ós nenos e nenas a necesidade de reciclar, para o que requirimos ó Concello a colocación dun contedor de reciclado de papel dentro do recinto escolar.
  • Celebrar, en colaboración coa asociación de montes de Xinzo, o día da árbore, coa plantación dunha árbore por cada un dos nenos e nenas que, coa súa familia, acudan a esta festa da natureza.
5-.Ocio:

Na escola, como na vida, non todo é traballo, tamén debemos divertirnos. A A.N.P.A. participa na celebración de Nadal, Entroido e Fin de Curso.

domingo, 15 de febreiro de 2009

10 razóns para pertencer e traballar nunha A.N.P.A.

  1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.
  2. Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
  3. Porque un movemento de nais e pais agrupados fai que as iniciativas e peticións de éstos sexan vistos con maior respecto, polas Administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
  4. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
  5. Pola importancia de “levar” aos Consellos Escolares a presencia dos pais e nais, organizados nas ANPAs, para defender os intereses de todos, non os individuais.
  6. Porque se os pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos... ¿por quén o faremos?
  7. Porque se os pais e nais non somos activos e participativos, ¿cómo esplicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde podan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?
  8. Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
  9. Porque as ANPAs deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
  10. Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas. Participar é un dereito pero tamén é un deber social.