- Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.
- Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
- Porque un movemento de nais e pais agrupados fai que as iniciativas e peticións de éstos sexan vistos con maior respecto, polas Administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
- Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
- Pola importancia de “levar” aos Consellos Escolares a presencia dos pais e nais, organizados nas ANPAs, para defender os intereses de todos, non os individuais.
- Porque se os pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos... ¿por quén o faremos?
- Porque se os pais e nais non somos activos e participativos, ¿cómo esplicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde podan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?
- Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
- Porque as ANPAs deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.
- Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas. Participar é un dereito pero tamén é un deber social.
domingo, 15 de febreiro de 2009
10 razóns para pertencer e traballar nunha A.N.P.A.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario