Seguro

Curso 2015/2016

A ANPA Tea ten contratado un seguro escolar ao que pode acollerse calquera alumno ou alumna do centro. 

O CEIP Fermín Bouza Brey non ten a obriga de contratar este servizo pois a Seguridade Social encárgase de atender os posibles accidentes ou malestares que se den no horario lectivo. O problema vén cando un destes accidentes leva engadidas lesións nas pezas dentais ou rotura de lentes, xa que non teñen cobertura da Seguridade Social e implica un custe económico case sempre moi elevado.
É por isto, que a ANPA considerou acertado contratar un seguro que cubra estas situacións.

Para obter a cobertura deste seguro, tes que facer a inscrición dentro do prazo marcado a principio do curso.

Resumo garantías:
ASISTENCIA SANITARIA ILIMITADA
ASISTENCIA EN VIAXE NO ESTRANXEIRO
OPERACIÓN DE SALVAMENTO, BUSCA E TRANSPORTE
GASTOS DE CIRURXÍA PLÁSTICA, REPARADORA, PRÓTESES, APARATOS ACÚSTICOS, ORTOPEDIA, OSTEOSÍNTESE E FIXADORES EXTERNOS, DENTES E GAFAS (sempre con parte de lesións). ATA 1200€
MORTE E INVALIDEZ 6000€
GASTOS ENTERRO 1500€
GASTOS ENTERRO NO ESTRANXEIRO 3000€

O prezo de 4€ é por alumno/a e ano lectivo. Pódese ingresar na conta da ANPA ou en efectivo na aula prefabricada do centro os xoves 15 e 22 de outubro, de 9h a 11h. Ao facer o ingreso no banco debe constar o nome completo do alumno/a ou alumnos/as e o correspondente curso. Axunte copia do resgardo á ficha e deposíteo unido na caixa de correo da ANPA.

Ningún comentario: