luns, 25 de outubro de 2010

Asamblea Xeral Ordinaria 2010/2011

O vindeiro xoves 28 de outubro de 2010 ás 18:30h en primeira convocatoria é as 19:00h en segunda convocatoria.

Orde do día:
  1. Lectura e aprobación da acta anterior
  2. Memoria de actividades
  3. Estado de contas
  4. Eleccións para cargos baleiros
  5. Informe da directiva
  6. Aparcadoiro Corpus
  7. Asuntos varios e preguntas
Pregamos a túa asistencia.

mércores, 13 de outubro de 2010

Resolución concurso de fotografía para as ANPA II


Gustaríanos informarvos de que a ANPA Tea do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey de Ponteareas, gañou o Concurso de Fotografía organizado pola Federación Provincial de ANPA de centros públicos de Pontevedra.

Levamos o 1º premio da categoría "En Negativo" de entre todas as escolas públicas da provincia de Pontevedra participantes no evento.
A reportaxe fotográfica está exposta na web da Federación.


O vindeiro sábado 23 de outubro celebraráse a recollida de premios nun acto incluído na Asemblea Xeral Ordinaria da FANPA.

Queremos dar as grazas a todos aqueles (no Concello de Ponteareas, Xefatura Territorial e Xunta) que pola súa falta de vontade e absoluta indiferenza cos nosos nenos e nenas, fixeron posible este premio.

Un saúdo.