xoves, 16 de decembro de 2010

¡DEBERIAVOS DAR VERGOÑA!

Así titulan os nosos rapaces e rapazas de 5º B este pequeno gran manifesto en prol da súa escola. Laura G., Laura P., Antía, Sonia, Estela e João, estiveron traballando para aportar ás suas reivindicacións por unha educación de calidade. Eles e mailos seus compañeiros e compañeiras da escola son as verdadeiras vítimas deste despropósito e teñen todo o dereito a protestar.


Compartimos con todxs vos, algo do seu traballo:

Poemas de Protesta

Aos baños imos.
¿Qué nos encontramos?
Os baños inundados.

No ximnasio moito medo temos
porque unha tella nos pode caer no cabelo.

No chan moito coidado 
porque está todo destrozado

A humidade entra 
polas paredes da biblioteca

Folga imos facer
para que o noso colexio non volva a crecer.

Moito queren avanzar
pero o noso colexio non queren arreglar.


Cousas que queremos que arranxedes ou que queremos que poñades

  1. Queremos que poñades enchufes nas aulas que o precisen. 
  2. Queremos que arranxedes os retretes dos baños e que tamén os limpedes. 
  3. Queremos que poñades no seu sitio, nas aulas prefabricadas, o encerado. 
  4. E o máis importante de todo: ¡NON QUEREMOS O EDIFICIO NOVO! ¡DEBERÍAVOS DAR VERGOÑA!

Ningún comentario: