luns, 14 de xuño de 2010

Convocatoria manifestación.


O vindeiro venres 18 de xuño de 2010 ás 20:00, os pais e nais do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey, encabezados pola A.N.P.A. Tea, faremos unha manifestación dende a Casa do Concello ata o noso centro, reivindicando unha solución inmediata ao problema de masificación e falta de mantemento que sofre este centro dende fai anos.

Convocamos a asistencia de todos aqueles colectivos, sindicatos, partidos políticos ou calquera outra organización social que queira solidarizarse con nós ou adherirse á nosa causa.

Calqueira dúbida ou aclaración, pregamos faganola chegar por medio do noso correo electrónico ou teléfono.

2 comentarios:

avvcanedo dixo...

A Asociación de veciños de San Vicente e Canedo manifesta o seu apoio ás vosas reivindicacións.Os que poidamos, estaremos na manifestación.

Anónimo dixo...

Lamentable a falta de nais e pais na manifestación. Se os propios implicados non loitan po-lo que consideran xusto e necesario, mal vamos. Eu fun a manifestación, e iso que nin me vai nin me ven, xa que o meu fillo non vai a ese colexio.