sábado, 19 de xuño de 2010

MANIFESTACIÓN 18/06/2010



  • Grazas a todos os pais e nais asistentes por facela posible.
  • Grazas ao resto de ANPAS tanto de colexios coma de institutos, por estar ao noso carón nesta loita.
  • Grazas a todos os colectivos e partidos políticos que se posicionaron públicamente na mesma opinión ca nós.
  • Grazas aos medios de comunicación por facerse eco das nosas reivindicacións.

A todos, vos decimos que isto non fixo máis que comezar. A ANPA Tea ten agora a tarea de supervisar o colexio durante ás vacacións, para coidar que se faga o prometido e que non se faga o que non queremos.

Temos uns meses máis relaxados pero non sabemos o que imos atopar en setembro. Seguiremos informandovos das novas que vaian surxindo.

Se alguén quere recibir esta información, que nos escriba ou nos envíe un correo-e.

Non pechamos por vacacións.
E sobor de todo: NON NOS MIRES, ÚNETE!

Ningún comentario: