domingo, 6 de xuño de 2010

A desvergoña da Tenencia de Alcaldía

Sr. D. Juan Carlos González Carrera (Tenente de Alcalde do Concello de Ponteareas); escribo estas liñas para denunciar públicamente a desvergoña, altanería e abuso de poder que ten vostede no desempeño do seu cargo.
No derradeiro consello escolar do CEIP Bouza Brey, un dos puntos da orde do día, do que vostedes son coñecedores, era a utilización das instalacións do Centro como aparcadoiro para a festividade do Corpus; aprobándose por unanimidade sempre e cando fora sen cobrar.
Pois ben, cal é a miña sorpresa, que no sábado e domingo de Corpus estábase cobrando a entrada ao recinto escolar sendo o importe de dous euros por vehículo.
Máis sorpresa acado, cando entérome que ese permiso de explotación e cobro foi dado por vostede a dedo (como ven facendo dende hai anos), lucrándose deste xeito varias persoas a conta dun ben público coma é o colexio, e poidendo ser explotado por representantes do Centro utilizando e xustificando a recadación para axudas de saídas ou excursións dos alumnos; ou ben polo propio Concello para así arranxar parte do que teñen tan abandoado, ou os desperfectos (véxanse os bordillos perimetrais) que provocan os vehículos ao ser estacionados enriba das pistas de deportes coma acontecéu estes dous dias .
Sr. González Carrera, soamente dicirlle que a etapa do Sr. Castro, prorrogada neste Concello ano tras ano por vostede e os séus acólitos, vai chegando ó seu fin, sen que esquezan que hai moitos cidadáns , entre os que me atopo, que se basan na legalidade e non pasándose todo polo forro coma fai vostede.

Ningún comentario: