En resposta as falsedades verquidas polo Xefe Territorial, Sr. César Augusto Pérez Ares, en distintos medios de comunicación, a ANPA Tea do CEIP Fermín Bouza Brey co apoio da Federación de ANPA´s de Ponteareas
INFORMA:
INFORMA:
- que o Xefe Territorial utiliza uns datos completamente irreais das infraestruturas dos centros que supostamente son responsabilidade súa. En Educación só lles interesa aplicar as ratios totais nas aulas, sen recoñecer que éstas deben axustarse ás necesidades educativas dos nenos/as, aos agrupamentos de alumnos con diferentes idades nos centros de infantil do rural (nunha mesma aula habería nenos de 3, 4 e 5 anos) e tamén ao espacio físico que ocupan.
- que se en realidade sobran 36 prazas no Bouza Brey, ¿por qué, ante o malestar dos pais e nais, deixou a unha ducia de alumnos na unitaria de Xinzo que deberían estar neste curso no Fermín Bouza Brey?
- que se en realidade sobran 300 prazas no conxunto da vila, ¿por qué vai gastar os cartos en construir un aulario de 225 prazas no Bouza Brey cando pode usar ese diñeiro na reforma do centro actual?
- que se en realidade os profesores e profesoras do Fermín Bouza Brey no 2008 non querían un colexio novo, e sí un engadido que restara espacio de recreo no centro, ¿por qué firmaron un manifesto no que pedían todo o contrario e do que teñen copia en Consellería de Educación?
César Augusto Pérez Ares con Nava Castro na Feira do Viño 2009
Queremos engadir que con censura, provocacións e falsedades, non vai a conseguir absolutamente nada coa cidadanía pontareán. Os pais e nais desta vila, cada día estamos máis motivados para seguir loitando polos dereitos dos nenos e nenas e dispostos a manter as protestas durante o tempo que faga falla. Non temos nada que perder, ao contrario dos responsables de Educación na Xunta, que xa perderon toda a súa credibilidade, aínda que lles molestará moito máis perder os votos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario