A Asociación de Nais e Pais Tea, do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey de Ponteareas, convócate a unha Asamblea Extraordinaria que se celebrará o vindeiro mércores 17 de novembro de 2010 ás 19:30h en primeira convocatoria e ás 20:00h en segunda convocatoria, no Centro Social (Rúa Oriente), co seguinte Orde do Día:
- Situación do Centro: tratarémos o tema do novo aulario e as posibles medidas a tomar (peche do Centro, ausencia de alumnxs, etc).
- Rogos e preguntas.
Dada a importancia e urxencia desta Asemblea, pregamos a asistencia de todos os socios e non socios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario