Convidámoste a participar. A ANPA faise cargo dos envíos. Tan só tráenos a túa obra calquera luns do mes de outubro, de 9 a dez da mañá e espera a que che demos a noraboa!
Bases do certame
Poderán participar todos os nenos e nenas que en curso escolar 2010-2011 cursen 1º, 2º, 3º ó 4º de primaria ( primeiro e segundo ciclo).
Os temas nos que esten inspiradas as obras deberán ter relación co medio agrícola (a vida nel, a súa conservación, o crecemento das plantas, os cultivos, o seu aproveitamento, etc.)
As obras que se presenten han de ser en formato horizontal e de medidas Din A-4 (21 X 29,7 cm), ou Din A-3 (29,7 x 42 cm).
Tanto a técnica como o estilo de pintura son libres. A única limitación é que teñen que ir en cores. Recoméndase a utilización daquelas técnicas que posibiliten o desenvolvemento creativo do neno na utilización das cores (ceras, guasch, acuarelas, etc), no canto dos lapis de cores, cos que os nenos obríganse a debuxar e non pintar.
Só se admitirá unha obra por alumno participante.
As obras serán avaliadas por un xurado no que terán representación personalidades do mundo da arte, do Ministerio de Educación e Cultura, de Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño de Fertiberia, S.A.
O xurado comunicará o seu veredicto antes do 12 de Novembro de 2010, podendo adxudicar todos os premios ou non.
O ditame do xurado, que terá carácter irrevogable, comunicarase directamente aos gañadores e a todos os centros participantes.
Fertiberia, S.A. resérvase o dereito de reprodución das obras presentadas ao Certame. As obras presentadas pasarán a ser propiedade de Fertiberia, S.A., quen se reserva todos os dereitos sobre as mesmas.
Os premios establecidos para os gañadores en este Certame Fertiberia de Pintura Rural Infantil son:
- Bolsa de estudos de 6.000 euros e Gran Trofeo Fertiberia, viaxe e visita ao museo do Prado para o gañador, pai e/ou titor (co apoio da Fundación Amigos do Museo do Prado).
- Bolsa de estudos de 3.000 euros para o 2º premio.
- Bolsa de estudos de 2.500 euros para o 3er premio.
- Bolsa de estudos de 2.000 euros para o 4º e 5º premio.
- Visita guiada ao Museo do Prado dun colexio seleccionado entre os participantes no Certame Fertiberia (co apoio da Fundación Amigos do Museo do Prado).
- Ademais, todos os participantes recibirán un diploma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario