O pasado martes 18 de Maio de 2010, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos TEA do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey de Ponteareas, celebrou unha Asemblea Extraordinaria aberta para informar aos socios e non socios do resultado da derradeira reunión en Xefatura Territorial de Pontevedra.
A esta Asemblea foron invitados o Xefe Territorial, César Pérez Ares e o Alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla. O Sr. Pérez Ares non asistíu. A ANPA non recibíu notificación algunha da súa non – asistencia nin do motivo da mesma, aínda cando foi el mesmo o que pedíu ser invitado.
A ANPA informou aos asistentes da intención da Xunta, que consiste nun aulario de nove unidades cos seus respectivos baños situado nunha das pistas de deporte. Este edificio custaría 1.000.000€ e non estaría dispoñible ata o curso 2011/2012.
Posteriormente iniciarían as reformas necesarias do actual edificio “segundo fóra habendo cartos para iso”.
De maneira que, aínda no suposto de que a Xunta cumprise con estes compromisos, o centro continuaría no mesmo estado de abandono como mínimo por dous anos máis.
A posición dos pais foi unánime: non permitirán ningún tipo de construcción ata que non se empece a reforma integral do edificio actual. Asemade esixen que esta reforma comece en xuño deste ano, unha vez os alumnos terminen o curso.
Queren tamén que os seus fillos conten con todo o necesario para cubrir as necesidades dun centro escolar: comedor, patio cuberto, laboratorio, aulas auxiliares, etc.
Para acadar todo isto, que consideran o máis elemental para a correcta educación dos fillos, están dispostos a todo tipo de mobilizacións.
O Alcalde pola súa banda, asegurou que o Concello apoiaría aos pais e nais de alumnos. Para iso comprometeuse ao seguinte:
En opinión dos pais e nais do Bouza Brey, a única intención da Xunta é solucionar o problema inmediato da escolarización o curso que vén, posto que en Ponteareas existe unha grave deficiencia de instalacións escolares produto de anos de abandono por parte dos distintos gobernos municipais ou autonómicos.
Consideran, así mesmo, que un colexio non é un aparcadoiro de nenos e queren para os seus fillos unha educación de calidade acorde co tempo en que vivimos. Non só teñen ese dereito, senón que tamén teñen a obriga de esixilo.

- Solicitar esta mesma semana unha reunión co Xefe Territorial para transmitirlle o resultado desta asemblea antes de aprobar ou comezar calquera obra.
- Ofrecer á Xunta os terreos necesarios para a construción dun novo centro de primaria xa que tamén considera que é primordial para o Municipio.
- Acometer este verán a reposición dos canlóns do ximnasio, o corredor cuberto e a reforma tanto de saneamentos como da instalación eléctrica, valorada en 72.000€ e con cargo á Deputación.
En opinión dos pais e nais do Bouza Brey, a única intención da Xunta é solucionar o problema inmediato da escolarización o curso que vén, posto que en Ponteareas existe unha grave deficiencia de instalacións escolares produto de anos de abandono por parte dos distintos gobernos municipais ou autonómicos.
Consideran, así mesmo, que un colexio non é un aparcadoiro de nenos e queren para os seus fillos unha educación de calidade acorde co tempo en que vivimos. Non só teñen ese dereito, senón que tamén teñen a obriga de esixilo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario