martes, 4 de maio de 2010

Camisetas para alumn@s de 6º.

Esta mañá realizáronse as fotos de grupo ós alumnos e alumnas de 6º, que se utilizarán para as camisetas conmemorativas de fin de primaria.

Pasamos un chisco de frío pero saíron todos e todas moi guapos e guapas.

Agradecemos a Marco e Isaac, que fixeran o esforzo de vir a sacar as fotos aínda que non se atoparan ben esta mañá. Tamén ás profesoras pola súa colaboración, e dende logo ós pais e nais, que non puxeron traba ningunha para esta sesión fotográfica.

Lembramos que mañá e pasado mañá (5 e 6 de Maio) recollerémolos pedidos na aula prefabricada en horario de recreo. Teremos camisetas de mostra para quen queira comprobar a súa calidade.

Ningún comentario: