luns, 13 de abril de 2009

Excursión a Vigo.

O vindeiro venres 17 de abril, os nenos e nenas de 5º curso, van ir a Vigo de excursión.
O programa previsto será:
  • Teatro García Barbón, onde disfrutarán dunha obra de teatro.
  • Merenda
  • MARCO (Museu da Arte Contemporánea)
O custo da excursión será de 5´50 €, aínda que a A.N.P.A. subvencionará con 2´50 € a cada un dos nenos e nenas afiliados.www.marcovigo.com

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Penso que foi unha boa elección, levar ós nenos e nenas a este tipo de actividades culturais. Creo que debería repetirse.
Aproveito para decirlle ós membros da ANPA que busquen o xeito de poder facerlle ós nenos unha boa festa de fin de curso, penso que é algo que non se esquece na vida, e, ultimamente non estan sendo moi orixinais, pois hai outros colexios que organizan as despedidas de fin de curso dun xeito mais entretido para eles. Refirome á presencia de policia, bombeiros,...ou a contratación dun animador infantil ou inchables...
De tódolos xeitos, bo traballo ó aquipo e ó profesorado.

A.N.P.A. Bouza Brey dixo...

Moitas grazas pola suxerencia, comentarémolo na reunión do luns, xa que nestes días estamos falando precisamente deste tema (entre outros). Aproveito para dicirche que a reunión é aberta, para todolos pais e nais que desexen aportar algo.

Un saúdo.