sábado, 19 de decembro de 2009

A A.N.P.A. do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey entrega máis de 200 denuncias de pais e nais de alumnos no Concello de Ponteareas.

O pasado venres 18 de decembro, a A.N.P.A. do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey de Ponteareas, entregou aprimeira hora da mañá e mediante rexistro de entrada, máis de 200 denuncias de pais e nais de alumnos dirixidas á Consellería de Educación.
Asímesmo enviáronse tamén outras denuncias firmadas pola A.N.P.A. e dirixidas ás autoridades competentes de mellorar a situación deste centro.

Isto ven dado polos gravísimos problemas de masificación que a escola ven sufrindo dende hai anos. A isto sumáselle todas as carencias de infraestructuras, de instalacións, das condicións de habitabilidade, seguridade e hixiene, das condicións arquitectónicas e técnicas, que impiden o normal desenvolvemento da práctica educativa.
Temos que lembrar que falamos dun colexio con prazas para 300 alumnos e que na actualidade conta con 630. É unha das escolas con máis alumnos de Galicia, pero iso nen sequera serve para que se cumpra a legalidade.
Os nenos e nenas do Bouza Brey están indefensos ante os perigos de incendio, sofren inundacións de augas fecais nas súas aulas e nen sequera contan coa protección contra a Gripe A. Nenos e nenas que non disfrutan dos ordenadores ou proxectores por fallos continuos da instalación eléctrica. E isto é só un resumo da situación.

A A.N.P.A. fai responsable da falta de mantemento e de limpeza, ao Concello de Ponteareas, pois é o concelleiro de educación o que non foi capaz de levar a cabo esta tarefa. E isto non é un caso aislado, xa que nos consta que outras escolas de Ponteareas sofren tamén esta indiferenza por parte do Concello.

Tamén, esta asociación de nais e pais, leva esperando máis dun mes unha cita co Xefe Territorial de Educación en Pontevedra.
Pero non se va a deter aquí. Están dispostos a seguir loitando polos rapaces e rapazas do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey ata onde sexa preciso, pois se non receben unha resposta aceptable dos organismos responsables, teñen previsto chegar ás manifestacións e concentracións no concello.

Ningún comentario: