Os difraces foron realmente orixinais e o desfile transcurríu de forma moi ordenada e vistosa.
A degustación de postres de Entroido foi un éxito, e os nenos e nenas divertíronse moito.
Debido a gran cantidade de platos doces, e co acordo da dirección da escola, a comida sobrante trasladámola á festa que se celebrou pola tarde na discoteca "O outro mundo do Tea", organizada pola F.A.M.P.O. e que se desarrollou, como cada ano, dende as 5 da tarde ata as 9 da noite cunha gran acollida .
A A.N.P.A. colaborou coa metade do coste do novo equipo de sonido estreado nesta celebración, así como igualmente costeou a escalera do escenario, que foi utilizada en festas anteriores.
1 comentario:
Con motivo de informar e clarexar todas as dúbidas sobre a saída didáctica “Destinos con Encanto” de RENFE, que terá lugar o 16 de xuño ( saída didáctica que combina tres medios de transporte: tren, autobús e barco; con saída desde Salvaterra a Pontevedra en tren ás 10 da mañá, de Pontevedra a Marín en autobús e de Marín á Illa de Ons, en barco. A volta sería, con saída de Pontevedra a Salvaterra, sobre as 19.00 hrs.. O coste aproximado de 17 €. Os nenos/as socios/as da ANPA terán unha subvención de 2,5 € para esta saída)… Citamos aos pais/nais/titores dos alumnos/as de 1º e 2º Curso de Educación Primaria do colexio Fermín Bouza Brey o día 31 de marzo as 17.30 horas na biblioteca do centro.
En Ponteareas, a 25 de marzo de 2009
Publicar un comentario